Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Jalleira e o CS Fuscalho organizan varias actividades en xuño: Mes da conservación

Varias actividades no Baixo Miño do 3 ó 23 de Xuño de 2016

Varias actividades no Baixo Miño do 3 ó 23 de Xuño de 2016

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2016

Fuente: A Jalleira AFEA

Vos presentamos o Mes da Conservación, co título, O MONTE E NÓS, actividades co-organizadas polo C.S.Fuscalho, e a extraordinaria colaboración de S.O.S Groba e ó IEM (Instituto de Estudios Miñoranos) que realizaremos no mes de Xuño.
Un mes para dar a coñecer a natureza e patrimonio da nosa zona, para ama-la, respecta-la, coida-la e protexe-la. Con 5 actividades, que pretenden achegar á xente ao monte e ó monte á xente.

- O venres día 3 de Xuño, ás 20:00h, na Casa Cultural de Oia estreamos "O Monte e Nós" coa inauguración da exposición "Ceibes no monte", mostra sobre o cabalo galego, patrimonio cultural vivo das nosas Serras.
Neste inauguración contaremos con Santiago Veloso, director de "Ceibes no Monte", proxecto didáctico que mostra unha das tradicións dos nosos montes.
Proxectaremos un pequeno documentario sobre o cabalo do monte en Galicia e para rematar, palestra a cargo de Xilberte Manso, "O Garrano", unha posta en valor do noso patrimonio.
A exposición poderá visitarse os venres de tarde, sábados maña e tarde e domingos pola maña ata o vindeiro 3 de xullo.

- Sábado 4 de Xuño. Pola ría, polos montes galegos, polo biodiversidade, pola paisaxe, por un rural vivo, polo interese común e non o particular, por saúde, por solidariedade, non a sesenta anos máis e Ence-Elnosa na ría.
Móvete pola ría. Non a Eucaliptización.
Máis información nas páxinas: http://encefora.gal/ no libro branco sobre Ence, http://www.apdr.info/
https://www.youtube.com/watch?v=_CYxXmUX2Z4
Manifestación contra ENCE e a Eucaliptización, sábado 4 de Xuño ás 19:30 en pontevedra. Autobús dende o Baixo Miño, saída dende A Guarda ás 16:00. PREZO 6€ - Socios da Jalleira 3€. Reserva praza no 666371631.

- Sábado 11 de xuño ás 22 h. Saída nocturna con Buraco, experto na arte rupestre da nosa zona, para visitar varios gravados rupestres no Rosal. Quedada ás 22 h na cruz de Portela.

- Domingo 19 de xuño ás 16 h. Saída para coñecer a flora silvestre comestible, e para elo contaremos con Cesar Lema, recoñecido biólogo autor de libros como " natureza e alimento silvestres comestibles " ou " Pan de landra ". Quedada no auditorio de Goián ás 16 h.

- Venres 24 de xuño ás 20 h. No C.S.Fuscalho contaremos con Xosé Vilar, amante da historia e a cultura que nos virá a falar de "arte rupestre en Galicia", Na que explicará o significado e a historia dos gravados rupestres de maneira moi didáctica e divertida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí