Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Mesa insta a Xunta e Estado a dialogar sobre o galego e a acatar as recomendacións de obrigado cumprimento do Consello de Europa

O Consello de Europa insta ademais a incluír a protección do galego nos estatutos de Asturias, Castela e León e Extremadura nos territorios destas comunidades autónomas onde se fala.

O Consello de Europa insta ademais a incluír a protección do galego nos estatutos de Asturias, Castela e León e Extremadura nos territorios destas comunidades autónomas onde se fala.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2021

Fuente: A Mesa

O Consello de Europa vén de facer público o informe de avaliación a medio termo do 5º ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas elaborado polo Comité de expertos deste tratado internacional, onde se constatan de novo os incumprimentos respecto ao galego. O documento insta ademais a informar das accións tomadas para cumprir o tratado antes do 1 de agosto de 2023.
 
O informe sinala a gravidade da situación no ensino, indicando que segundo o compromiso do Estado e da Xunta “o ensino debe ter o galego como lingua de instrución” e que “o marco legal actual é contrario aos compromisos do Estado español”, polo que “non todas as limitación ao ensino en galego foron eliminadas” tal e como está comprometido. Neste sentido alerta sobre o feito de que o 23,9 % de menores de 15 anos non sexan capaces de se expresaren en galego.
 
A respecto da Xustiza, o Consello de Europa continúa a insistir na necesidade de asegurar o uso do galego nos procedementos xudiciais a petición dunha das partes, a través da reforma da Lei orgánica do poder xudicial.
 
O Consello de Europa insta ademais a incluír a protección do galego nos estatutos de Asturias, Castela e León e Extremadura nos territorios destas comunidades autónomas onde se fala.


Presións do Goberno español e Xunta
A Mesa pola Normalización xa denunciou en febreiro deste ano as manipulacións do datos oferecidos polo Estado ao Comité de expertos para esta avaliación, que foron contestados pola Mesa a petición do propio comité de expertos. O informe documentado e detallado presentado pola Mesa foi tido amplamente en conta polo Comité de expertos que non cedeu á presión do goberno español e da Xunta.
 
A Mesa insiste en que a Xunta debe sentarse, falar e chegar a un acordo sobre o galego no ensino cos sindicatos, movementos de renovación pedagóxica, asociación de nais e pais e a propia Mesa, que elaboraron unha proposta de bases para a normalización no ensino, a única proposta existente neste momento que cumpre coas exixencias do Consello de Europa.
 
A entidade en defensa da lingua xunto a outras entidades do Estado presentou o pasado 9 de marzo unha iniciativa no Congreso instando a facer efectiva a Carta Europea das Linguas. Aínda que finalmente foron aprobados 3 dos 8 puntos propostos, a Mesa séguese a coordinar coas outras entidades para que o Estado avance no cumprimento dos seus compromisos e nuns días anunciarán novas accións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones