Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Mesa solicítalles aos partidos políticos compromiso co galego

A Mesa solicita que todos os partidos que se presentan mostren un compromiso co galego

A Mesa solicita que todos os partidos que se presentan mostren un compromiso co galego

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Junio de 2016

Fuente: A mesa pola normalización ling

Con motivo da campaña electoral para as eleccións xerais do 26 de xuño, A Mesa solicita que todos os partidos que se presentan mostren un compromiso co galego para mellorar a súa situación pois queda moito para conseguirmos verdadeira igualdade e oficialidade real.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística afirmou "que o dereito a vivir en galego con plena normalidade non está garantido e hai que actuar para realizar mudanzas lexislativas pois aínda en 2016 hai máis de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos consenten simplemente o seu uso".

Neste sentido A Mesa pola Normalización Lingüística informa que o executivo en funcións do goberno español aprobou en apenas dous meses 8 normas legais que regulan 39 puntos impositivos do español polo que pide dos partidos políticos un compromiso para mudar esta situación de discriminación lingüística.

A Mesa solicítalles a todos os partidos políticos un compromiso co galego nas súas declaracións e actos de campaña das eleccións xerais. As declaracións de diferentes persoas destacadas do Partido Popular con argumentos de imposición do galego non respecta a Declaración a prol da unidade a favor da lingua galega, que o 15 de xullo de 2015 asinaron todos os partidos políticos, incluído o PP, na que se sinalaba que era preciso abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega.

Marcos Maceira lembrou que "a Declaración baséase nun acordo para tomar como punto de partida a Lei de normalización lingüística, a Lei de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais e o Plan xeral de normalización da lingua galega de 2004".

As organizacións políticas galegas, coas súas diferentes alternativas, proxectos e ideoloxías, manifestaron unidade na vontade de normalizar a lingua galega e devolverlle o protagonismo que nunca debeu perder, retomando e iniciando todas as medidas e accións que foren precisas para a súa reposición, rehabilitación e plena normalidade, comprometéronse a reactivalas e promovelas en todas as áreas e institucións onde teñan responsabilidade de goberno.

A Mesa pola Normalización Lingüística propón varias medidas para avanzar na normalización da lingua galega e, entre elas, Marcos Maceira destacou "elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística" e tamén "garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades pois os datos mostran unha exclusión do galego na educación infantil das cidades".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones