Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A ministra portavoz Isabel Rodríguez participa nun encontro con militancia socialista e cargos públicos no Auditorio Mar de Vigo

Isabel rodríguez chama a explicar -casa por casa- a xestión do goberno

Isabel rodríguez chama a explicar -casa por casa- a xestión do goberno

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2022

Fuente: PSOE

A visita a Vigo da ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, rematou cunha xuntanza coa Executiva Provincial, alcaldes e alcaldesas socialistas e militantes de toda a provincia no auditorio Mar de Vigo. Durante o encontro, Isabel Rodríguez defendeu a visión local da política e confesou que cando se fala de política municipal a súa referencia é sempre Abel Caballero “e o seu inmenso apoio” e, tamén Carmela Silva, polo que representa pola defensa do feminismo permanente dentro do partido e da sociedade.

Rodríguez asegurou durante a súa intervención que a lexislatura non foi fácil para o Goberno de Pedro Sánchez, pero as siglas do Partido Socialista e o labor de cada alcalde e alcaldesa, estivo por enriba das enormes dificultades. “E, ademais”, engadiu, “tanto durante a pandemia, como agora cos efectos da guerra de Putin, viuse a grandeza dos compañeiros e compañeiras socialistas que están na oposición e souberon e saben apoiar aos seus alcaldes e alcaldesas; precisamente a grandeza que lle faltou a Casado e agora estalle a faltar a Feijoo para estar ao lado do Goberno de España”. Por iso pediu expresamente a tódolos/as socialistas galegos/as a contribuír a “contextualizar a un Feijoo que presume de moderado, pero é un radical” e a quen definiu como “gris” no seu intento diario de “esparexer tristeza”.

A ministra destacou que o Goberno de España, en momentos moi complicados, deu respostas para as maiorías sociais, para as persoas máis vulnerables. “Mañá o transporte público en España é máis público porque leva o selo do Goberno de España, e se suben os prezos dos libros de texto, respondemos con máis becas; non con recortes como os que fixo Feijoo en Galicia”.

“Hai oito meses preciosos para ir casa a casa falando do que fixo cada concello e do que fixo o Goberno de Pedro Sánchez; porque nesas casas hai pensionistas aos que se lle subiu a pensión; mozos con becas para estudar; traballadores que cobran máis grazas á suba do SMI, beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital; autónomos que teñen créditos ICO e persoas que cobraron os ERTE para poder seguir pagando as facturas cando baixaron as persianas. Temos unha xestión que nos avala”.

Abel Caballero recalcou que o seu partido chámase Vigo e deféndoo tódolos días dende o Partido Socialista Obreiro Español. “A xente agarda todo de nós e temos que darlles resposta”. O alcalde de Vigo recordou que, aínda que pareza o contrario, diante da magnitude do cambio experimentado na provincia, “non gobernamos a Deputación de Pontevedra dende o tempo dos romanos”, polo que cómpre seguir gobernando para que esta provincia non pare. Caballero reprochou ao Partido Popular que se pase o día enteiro falando das Eleccións Muncipais. “Nós falamos de como resolver a seca, de  traballar para o emprego, de mobilizar a economía e de política social; falamos das cousas que importan. Rueda, cada vez que dá unha entrevista só fala de Eleccións, e faino porque non ten proxecto nin para Galicia, nin para cada un dos seus concellos”.

Carmela Silva chamou a sentirse orgullosas/os de ser socialistas e de estar cambiando esta provincia e de estar cambiando España co mellor Goberno que tivo nunca este país. “É un Goberno que é modelo en Europa, que vai un paso por diante e non deixa a ninguén atrás, facendo fronte a todo o que está caendo, cunha pandemia e despois unha guerra. E, a pesar de todo iso, a xente non perde dereitos”.

David Regades, secretario xeral provincial, subliñou que a provincia de Pontevedra é “o graneiro de votos do PSOE en Galicia, gracias ao apoio en moitos concellos e tamén gracias ao tsunami que supón Abel Caballero en Vigo”. “Cada vez que hai unhas eleccións saímos a gañar. Somos unha provincia que cambiou gracias aos alcaldes e alcaldesas e que viviu un antes e un despois hai sete anos, coa chegada de Carmela Silva á presidencia da Deputación”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí