Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A música protagoniza a programación cultural da fin de semana de San Telmo

No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais

No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tui

A música será a gran protagonista da fin de semana na programación cultural de San Telmo.

 

O Teatro Municipal acollerá mañá sábado, ás 20 h , a Mercedes Peón en concerto, nun evento para o que xa non quedan entradas dispoñibles. Xunto a Mónica de Nut e Ana Fernández, nunha posta en escena pensada para o Teatro tudense, presentará “Déixaas”. 

 

O domingo, tamén ás 20 h, será a quenda do tudense Víctor Coyote que regresa a Tui para presentar o seu último traballo “Las Comarcales”. Canda a el estará Ricardo Moreno e Gustavo Villamor, e coa participación dos tudenses Pancho Álvarez e Lucas Fernández.

Amais a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concerto. A banda ao completo baixo a dirección de Eloy Carrera actuará o luns, ás 20 h, no Teatro Municipal. Previamente mañá sábado ás 12 h na carpa da Corredoira actuará a sección de vento madeira, o domingo a sección de vento metal, e o luns os grupos de cámara.

As entradas poden reservarse gratuitamente en tui.gal, estando o aforo limitado a 180 butacas no caso do Teatro, e a 120 cadeiras na carpa.

Cada tarde continuarán os pasarrúas no Paseo da Corredoira con dous pases ás 17 e ás 19 h. Mañá sábado será con Fantoches Baj e “Velocíclopes”, o domingo con Troula Animación con “Circo Krasnovarak”, e o luns con Troula Animación e “Polis-Tolos”.

Tamén proseguen as 18 h os espectáculos para público familiar na carpa na Corredoira para os que están xa esgotadas as entradas. Mañá sábado actuará Fran Rei co espectáculo “O Super Heroe”, o domingo o Mago Teto con “Novas Tolemaxias” e o luns estará en concerto Uxía Lambona e a Banda Molona.

Tamén están previstos os pasarrúas das charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos o sábado e o domingo ás 13 h, respectivamente.

O próximo luns, 12 de abril, día de San Telmo e festivo local en Tui está amais prevista a Gala de Entrega de Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal ás 13 h. Os galardoados son o escultor Silverio Rivas, Alberto Estévez Piña a título póstumo, e a Residencia San Telmo. É preciso reservar entrada previamente en tui.gal.

Por outra parte lembramos que pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”. Mañá sábado abrirá de 9 a 14 h e de 16 a 20 h e o domingo e luns de 12 a 14 e de 16 a 20h .

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
  • Sábado 10
     Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
    •    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  Charanga A TU RITMO
    •    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
    •    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
    •    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
    •    Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”
  • Domingo 11
     Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
    •    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  Charanga CANTOS SOMOS
    •    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
    •    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
    •    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
    •    Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”
  • Luns 12
     Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
    •    Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
    •    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Polis?Tolos”
    •    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
    •    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Polis?Tolos”
    •    Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI

Entradas

  • Reserva de entradas en tui.gal Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas. 

Notas

  • Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
  • Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas

No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí