Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A noite de San Xoán ilumínase ao lume de máis de medio cento de fogueiras no Baixo Miño

A festividade deste venres propiciou un aumento das solicitudes para a realización de fogueiras nos concellos

Particulares e asociacións solicitaron permiso para festexar San Xoán con fogueiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Junio de 2016

Fuente: Infomiño.com

Chega a Noite de San Xoán, esa festividade tan esperada por moitos, e que neste ano 2016 coincide cun festivo en Galicia o que propiciará unha maior afluencia ós lugares onde se realizarán as tradicionais fogueiras e festexos asociados a estas.

O solsticio de verán marca o punto de inflexión para que na atigüidade (antes incluso que o cristianismo) os nosos ancestros comezaran a ver esta noite como máxica, e por iso lle dotaron, ó largo dos séculos, de lendas que inda hoxe en día seguimos como tradicións. Se engadimos, que este ano coincidíu cunha lúa chea, a noite agárdase aínda máis especial, se cabe.

O máis típico desta data son sen dúbida as Fogueiras de San Xoan; e arraigadas ás propias fogueiras atopámonos cun rito que xa dende cativos nos impactaba a moitos: saltalo fogo. A tradición nos di que a fogueira hai que encendela a partires da medianoite. Saltaremos as cacharelas 9 veces (e digo 9 por non dicir 3, ou 7... xa que isto depende de onde nos atopemos) Con coidado de non queimarnos, din que isto purifica corpo e espíritu.

Outro rito que podemos facer co lume consiste en escribir nun papel os desexos que queremos que se cumpran nos próximos 365 días. Unha vez escritos os desexos, queimarémolo papel na propia cacheira. Non sei se con iso conseguiremos cumprilos nosos soños, pero sí é certo que quizáis os vexamos cunha pouquiña máis de esperanza.

Outro rito desta noite, desta vez adicado especialmente ás mulleres, é saltalas 9 olas. Din que aquela muller que queira ter fillos, deberá facer este ritual se quere ter máis posibilidades de quedarse embaraza. Neste punto existen tamén varias versións, xa que nalgúns pobos a tradición indica que para saltalas olas hai que facelo de espaldas ó mar.

San Xoan é unha noite de union. E para esperar á medianoite para poder comezar co lume, ¿qué mellor que alimentarse ben? Nisto tamén atoparemos tradicións. As sardiñas como prato típico cheirará en toda cea de San Xoan que se precie (ou se está moi cara, tamén pode valer o churrasco) E para acompañala sardiña, que mellor cuns cachelos (que para quen non o sepa, son patacas cociñadas na sua propia pel) e pan de millo.

E como non, como postre e comezo da festa: a Queimada. Feita con augardente, azucre branco e unhas rodaxas de limón ou laranxa (algúns engádenlle granos de café) din que é unha bebida curativa. Tradición galega por excelencia, ven acompañada do seu propio conxuro, que fai se cabe moito máis máxica esta noite de San Xoán.

Na comarca do Baixo Miño, esta festividade viviráse ao redor de máis de medio cento de fogueiras esparexidas polos Concellos de Tui(12 fogueiras), Tomiño(13 fogueiras), O Rosal(sen datos), A Guarda(30 fogueiras) e Oia(12 fogueiras).

CONCELLO DE TUI Un total de 12 solicitudes para realizar fogueiras de San Xoán foron presentadas no Concello de Tui por parte de distintos colectivos. Por parroquias houbo dúas en Pazos de Reis, en concreto en Frinxo e Circos, dúas en Rebordáns no Montiño e no antigo campo de fútbol do Mián, unha en Chan do Carrasco en Randufe, unha no recinto de festas de Santa María Magdalena en Ribadelouro, unha no Foxo en Caldelas, outra en Areas, outra no Campo do Cura en Malvas, no Alto das Penizas en Paramos, e dúas no casco urbano no aparcamento municipal e no aparcamento do Paseo Fluvial.
 
CONCELLO DA GUARDA  Na Guarda realizáronse preto dunha treintena de solicitudes, a maioría para vivendas particulares e outras emprazadas no Camping Santa Tecla, na capela de San Caetano, na Praza de Salcidos, ou as xa habituais fogueiras da zona da Atalaia no Porto da Guarda.
 
CONCELLO DE TOMIÑO En Tomiño realizáronse un total de 13 solicitudes de permiso para as fogueiras de San Xoán, que estarán ubicadas en Forcadela, Vilameán, Barrantes, Sta. María de Tebra, Sobrada, Amorín, Goián e Tomiño centro, unha ampla cantidade delas terán caracter particular, outras realizanse ao abeiro de diferentes Asociacións de Tomiño.

SEGURIDADE Cómpre lembrar as medidas de seguridade a ter en conta esta noite tan especial. As fogueiras realizaranse en buracos e terase a man mangueiras, extintores ou auga, e nas mesmas non se poderán queimar nin rodas nin plásticos. Unha vez rematada a celebración a fogueira debe quedar completamente enterrada.
A realización de fogueiras de San Xoán sen a preceptiva autorización pode conlevar a imposición de sancións.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí