Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Autonómica realizaron 2.814 controis na provincia durante os últimos dez días

A subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) na que se fixo balance dos controis de vixilancia e cumprimento das medidas aprobadas para frear a COVID-19 realizados na última semana.

A subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) na que se fixo balance dos controis de vixilancia e cumprimento das medidas aprobadas para frear a COVID-19 realizados na última semana.

Fecha: 19 de Febrero de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Ao encontro asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal; o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel; a comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma; o inspector xefe da UPA, Diego González; a inspectora xefa da UPA-Vigo, Sheila González; e a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz.
Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante a última semana para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En total, do 8 ao 17 de febreiro, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma (UPA) levaron a cabo 2.814 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 3.210 axentes, se identificaron a 30.498 persoas, se controlaron 22.414 vehículos e se elevaron 600 propostas de sanción.
No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante os últimos dez días 2.390 controis nos que participaron 1.948 efectivos. Nestes operativos 25.296 persoas foron identificadas, 19.139 vehículos foron controlados e 365 persoas foron sancionadas.

Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 280 controis na provincia que contaron coa participación de 1.051 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 4.332 persoas e 2.954 vehículos, e se elevaron 187 propostas de sanción.
Así mesmo, a Policía Autonómica efectuou 144 controis nos que identificou a 870 persoas, controlou 321 vehículos e interpuxo 48 propostas de sanción. En total, 211 axentes deste corpo participaron nos dispositivos.
A subdelegada do Goberno quixo destacar que o Entroido non tivo unha maior incidencia no número de sancións, a pesar de que a actividade de vixilancia reforzouse durante estes días. Neste sentido, Larriba quixo subliñar, unha vez máis, “o alto grao de cumprimento da normativa na nosa provincia, xa que a cifra de sancións rexistrada nos últimos dez días é baixa e similar á das últimas semanas”.
A subdelegada informou tamén de que a Policía Nacional e a Garda Civil continuarán esta semana coas labores de prevención fronte á COVID-19, levando a cabo controis e dispositivos que serán adaptados de acordo á nova normativa aprobada pola Xunta de Galicia o pasado día 15 de febreiro e con efectos desde ás 00.00 horas do día 17.
Por último, Larriba lembrou á cidadanía que é necesario actuar con cautela e responsabilidade, cumprindo as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, para así frear a expansión do virus.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí