Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Policía Nacional, a Policía Adscrita e a Garda Civil realizaron 2.559 controis na provincia durante a última semana

En total, as Forzas e Corpos de Seguridade realizaron 2.639 inspeccións en establecementos hostaleiros

En total, as Forzas e Corpos de Seguridade realizaron 2.639 inspeccións en establecementos hostaleiros

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Marzo de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Ao encontro asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal; o xefe accidental da Comisaría de Vigo, Juan José Díaz; a comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma; o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González; a inspectora xefa UPA-Vigo, Sheila González; e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.
Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante a última semana para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia o pasado 17 de marzo. En total, do 16 ao 23 de marzo, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Unidade de Policía Adscrita levaron a cabo 2.559 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 2.181 axentes, se identificaron a 50.069 persoas, se controlaron 11.156 vehículos e se elevaron 299 propostas de sanción.
No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante os últimos oito días 2.294 controis nos que participaron 1.357 efectivos. Nestes operativos 15.506 persoas foron identificadas, 10.715 vehículos foron controlados e 89 persoas foron sancionadas. En particular, no ámbito da hostalaría, a Garda Civil realizou 2.064 controis e interpuxo 67 sancións.
Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 164 controis na provincia que contaron coa participación de 666 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 4.388 persoas e 439 vehículos, 2 persoas foron detidas e se elevaron 171 propostas de sanción. Na hostalaría, a Policía Nacional realizou 326 controis e interpuxo 1 sanción.
Por último, a Unidade de Policía Adscrita de Galicia, organizou 101 dispositivos nos que identificou a 175 persoas, controlou 2 vehículos e interpuxo 39 propostas de sanción. Nestes dispositivos participaron 158 axentes autonómicos. No ámbito da hostalaría, este corpo levou a cabo 249 inspeccións en establecementos que se saldaron con 15 denuncias.
Controis nos pasos fronteirizos con Portugal
Segundo os datos proporcionados polos responsables da Policía Nacional, 160.600 persoas e 130.051 vehículos foron identificadas durante o mes de marzo nos tres pasos fronteirizos que permanecen abertos na nosa provincia. Ademais, do 1 ao 23 de marzo, o corpo policial denegou 548 solicitudes de entrada ao noso país. Desde o pasado 29 de xaneiro, o Corpo Nacional de Policía vixía o cumprimento do peche da fronteira terrestre con Portugal.
No paso fronteirizo de Tui, situado na A-55 e o único que permanece aberto as 24 horas do día na nosa provincia, rexistrase a maior afluencia de tránsito. Larriba informou que nos dispositivos de vixilancia levados a cabo neste paso fronteirizo durante o último mes, controláronse 148.372 persoas e 121.074 vehículos. Ademais, producíronse 406 denegacións de entrada. Esta localidade aglutina o 92,7 % do tránsito transfronteirizo de persoas e vehículos que se rexistra na nosa provincia. En total, segundo indicou a subdelegada, por esta localidade cruzan unha media de 6.451 persoas e 5.264 vehículos cada día.
Pola súa banda, no paso fronteirizo de Salvaterra do Miño controlouse, durante o mes de marzo, o tránsito de 10.268 persoas e 7.537 vehículos. Por este punto, no que se rexistraron 101 denegacións de entrada do 1 ao 23 de marzo, acceden a Portugal cada día unha media de 604 persoas e 443 vehículos.
No paso de Arbo, aberto desde o pasado 15 de febreiro, 1.960 persoas e 1.440 vehículos foron controladas durante o mes de marzo. Durante este mesmo período, neste paso -que rexistra unha afluencia media de 115 persoas e 85 vehículos diarios-, as autoridades denegaron a entrada ao país a 77 persoas.

Na actualidade, estes dous pasos están abertos das 7 h as 10 h da mañá e das 18.00 a 21.00 h, favorecendo así o tránsito de mercadorías e persoas entre os dous países.
Larriba lembrou que o peche da fronteira interior terrestre con Portugal foi prorrogado, a petición deste país, ata o próximo 6 de abril.
Comportamento exemplar
A subdelegada do Goberno quixo, así mesmo, destacar “o bo comportamento da cidadanía e da hostalaría, que se traduce nun número moi baixo de denuncias”.
Do mesmo xeito, Larriba avanzou tamén que os corpos de seguridade continuarán esta semana coas labores de prevención fronte á COVID-19, levando a cabo controis e dispositivos adaptados á normativa autonómica. Do mesmo xeito, a subdelegada advertiu de que se vixiará, de maneira especial, o cumprimento das medidas na hostalaría, así como o peche perimetral da comunidade autónoma.
Por último, a subdelegada lembrou “a importancia da responsabilidade individual para manter a raia a cifra de contaxios”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí