Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A praia do Muíño acolleu a XXV edición do Concurso de Figuras de Area

A mañá comezou coa inscrición dos nenos e nenas que viñan dispostos a pasar un bo rato facendo obras de arte na area

A mañá comezou coa inscrición dos nenos e nenas que viñan dispostos a pasar un bo rato facendo obras de arte na area

Fecha: 27 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este domingo, día 24 de xullo, a Praia do Muíño acolleu unha das datas máis tradicionais do verán guardés, o Concurso de Figuras de Area, que este ano chegou á súa XXV edición.

Con motivo do seu 25 aniversario mudáronse algúns aspectos dun concurso no que levan participado xa varias xeracións de guardeses e guardesas, moitos pais e nais dos actuais concursantes. A principal novidade está nas categorías. No apartado individual houbo tres categorías segundo a idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 10 e de 11 a 16 anos. Outra posibilidade era participar en grupos, unha modalidade na que había dúas categorías segundo a idade media; unha categoría ata 9 anos e outra a partir dos 10.

A mañá comezou coa inscrición dos nenos e nenas que viñan dispostos a pasar un bo rato facendo obras de arte na area, e que ademais tiñan asegurado un agasallo para todos. A inscrición fíxose das 11 ás 12 horas da mañá na propia praia do Muíño ata onde se achegaron unha morea de nenos e nenas da Guarda, doutros puntos do Baixo Miño e tamén había representantes de Vigo e arredores. Tamén se puideron ver familias de Lugo, Ourense ou Madrid que adoitan pasar o verán no noso concello.

A partir das 12 horas deu comezo a proba, para a cal os participantes tiñan un espazo limitado e marcado na area. As categorías individuais dispuxeron dunha hora e as grupais dunha hora e cuarto, polo que o tempo para realizar as figuras rematou ás 13,15 horas. A partir dese momento hora o xurado, formado por tres xuíces por categoría, comezou a súa deliberación, unha labor complexa dado o alto nivel das obras propostas.

Por último, e antes que os participantes puideran desfrutar dun soleado día de praia, anunciáronse os premiados, que recibiron unha medalla como agasallo. Os gañadores das diferentes categorías foron:

Nas categorías individuais:

.De 3 a 6 anos:
1º - Noa Carneiro González
2ª - Sabela Mauri Cadilla

.De 6 a 10 anos:
1º - Natalia Rodríguez Freitas
2ª - Nuria Martínez Alonso

.De 11 a 16 anos:
1º - Mimi Verde González
2º - Lara Rial Vicente e Sara Martínez Alonso (empatadas)

Nas categorías grupais:

.Pequenos: idade media ata 9 anos:
1º - Grupo nº 6 formado por Tecla Baz Baz, Alba Baz Baz, Daniela Rodríguez Adrover e Alicia Barciela Cacheiro.
2ª - Grupo nº 7 formado por Inés Cividanes González, Alba Vicente Cividanes, Irene Vicente Cividanes e Lea Picallo Álvarez.

.Maiores: idade media a partir de 10 anos:
1º - Grupo nº 8 formado por Lucía Ameal Pereira, Laura Álvarez Pérez, Eva Vicente Cividanes e Andrea Verde Mateos.
2º - Grupo nº 4 formado por Lucía Mínguez Quiroga, Raquel Quiroga Álvarez e Ruth Quiroga Álvarez.

Deste xeito concluíu unha nova edición do Concurso de Figuras de Area da Praia do Muíño. O Concello da Guarda agradece e da a noraboa ós 119 nenos e nenas que participaron este ano, facendo desta XXV edición unha das máis exitosas e convídaos a todos e todas a volver o ano que ven e así manter a que xa se converteu nunha cita imprescindible do período estival para as familias guardesas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones