Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A San Silvestre 2021 volve ao Rosal

Aberto o prazo de inscrición para a proba, que se celebrará o 31 de decembro cunha andaina para nenos e nenas ás 11.00 h e unha carreira de 4 km ás 11.45 h

Aberto o prazo de inscrición para a proba, que se celebrará o 31 de decembro cunha andaina para nenos e nenas ás 11.00 h e unha carreira de 4 km ás 11.45 h

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

A tradicional carreira de San Silvestre no Rosal chama ás portas. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta cita que cada fin de ano reúne a rosaleiros e rosaleiras para desfrutar do deporte saudable ao aire libre dun xeito divertido. Ata o vindeiro 27 de decembro as persoas interesadas poderán inscribirse para participar en calquera das dúas probas que se realizarán: unha andaina pensada para público infantil de 2,3 km e unha carreira non competitiva de 4 km.

A andaina sairá ás 11.00 horas dende o pavillón municipal cara a Simón del Mazo para percorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela e Estrada da Morraceira para continuar polo camiño Campo da Feira, pola rúa Simón del Mazo e rematar na Praza do Calvario.

Pola súa banda, a carreira de San Silvestre sairá ás 11.45 horas igualmente do pavillón municipal para percorrer as rúas Simón del Mazo, rúa dos Castros, rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira e rúa Simón del Mazo para finalizar na Praza do Calvario.

As inscricións realizaranse a través da páxina web do Concello enchendo un formulario cos datos persoais de cada persoa participante. Os dorsais poderán ser recollidaos no Concello antes do día 31 de decembro ou o propio día entre as 09.00 e as 10.30 horas.

Non haberá categorías diferenciadas e ao remate da San Silvestre todas as persoas participantes serán agasalladas cunha chocolatada e participarán no sorteo de tres cestas de Nadal.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar nesta carreira “que pode facer calquera persoa ao seu ritmo, correndo ou camiñando, e que nos permite volver a desfrutar do deporte todos e todas xuntas despois da celebración o ano pasado dun xeito diferente”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí