Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Subdelegación do Goberno reparte outras 220.000 máscaras a entidades sociais e concellos

Desde o inicio da crise sanitaria, a Subdelegación repartiu xa 1,4 millóns de máscaras na provincia

Desde o inicio da crise sanitaria, a Subdelegación repartiu xa 1,4 millóns de máscaras na provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A Subdelegación do Goberno vén de pór en marcha un novo reparto de 220.000 máscaras na provincia. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou hoxe o dispositivo de distribución situado no Parque Móbil do Estado. Estas máscaras súmanse ás máis dun millón que o Goberno español repartiu xa na provincia desde o inicio da pandemia.


Neste sexto operativo de distribución, 76.000 máscaras foron entregadas hoxe a Cruz Vermella, Cáritas e ao CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable da provincia.


Ademais, a Subdelegación do Goberno entregará aos municipios de A Estrada e Lalín 3.000 máscaras respectivamente; a Marín e Ponteareas, 3.500; a Cangas 4.000; a Redondela 4.500; a Vilagarcía de Arousa 6.000; a Pontevedra 13.000 e a Vigo 45.500. En total, estes concellos repartirán 86.000 máscaras entre a súa poboación. A Deputación de Pontevedra tamén recibirá 58.000 máscaras para distribuír entre os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.


Durante a súa visita ao operativo, a subdelegada quixo subliñar o esforzo que está a facer o Goberno por non deixar a ninguén atrás durante esta crise sanitaria. “Desde abril, a Subdelegación do Goberno repartiu xa 1.404.000 máscaras entre concellos, usuarios de transporte, residencias de maiores, persoas en situación de vulnerabilidade e colectivos sociais e empresariais”, explicou.

Por último, Larriba lembrou a importancia do uso deste elemento protector, “xa que aínda que a situación está mellorando, non podemos baixar a garda”. Neste sentido, a subdelegada destacou a importancia de aplicar as 6 M: usar as máscaras, lavar as mans, manter a distancia social, maximizar a ventilación, minimizar os contactos e quedar na casa se temos síntomas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí