Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Toponimia das Eiras preséntase en público

Nas antigas escolas das Eiras, o domingo 28, foi presentado un traballo sobre a toponimia da parroquia feito por Helena Pousa e Amaro González Pousa.

Nas antigas escolas das Eiras, o domingo 28, foi presentado un traballo sobre a toponimia da parroquia feito por Helena Pousa e Amaro González Pousa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Agosto de 2022

Fuente: Helena Pousa Ortega

O acto, ao que asistiron numerosos veciños-as das Eiras e doutros lugares, e contou coa presenza da alcaldesa, foi presentado polo presidente da Comunidade de Montes, Jorge estévez, quen explicou a importancia de non esquecer os nomes dos lugares da parroquia porque agora entre a concentración parcelaria, que eliminou moitos deles, e os cambios no tipo de vida, poden acabar totalmente olvidados. Tamén falaron no acto os autores do traballo, para explicaren como fixeron a busca e localización dos nomes e elaboraron os mapas que agoran están pendurados nas paredes da escola. Trátase dun traballo feito coa magnífica información de varios veciños que axudaron localizar e situar máis de 250 topónimos.

Tamén colaborou na presentación Gonzalo Navaza, membro da Real Academia Galega e da Comisión de Toponimia, para explicar que os topónimos forman parte innegable do noso rico Patrimonio Inmaterial, e que canto máis se usen, en mellores condicións se conservarán, a diferenza doutros elementos culturais (igrexas, muíños …) nos que é preciso investir moitos cartos para seren restaurados. Tamén explicou aos asistentes a posible orixe e significado de moitos topónimos da parroquia.

Coa presentación deste traballo rendeuse homenaxe a un veciño das Eiras, Rodrigo Rodríguez López, que participara na primeira recolleita de topónimos feita xa hai máis de 20 anos, e na que colaborou activamente como informante.

Os mapas de grandes dimensións coa toponimia das Eiras pódense ver no local da Asociación Cultural que teñen na escola.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones