Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta abre a nova convocatoria de mellora de establecementos turísticos con 3,5 m? tras conceder axudas a máis de 40 negocios e locais da provincia de Pontevedra

As achegas tamén beneficiaron á bisbarra do Baixo Miño, xa que un restaurante do Concello da Guarda recibiu unha axuda para a renovación das súas instalacións

As achegas tamén beneficiaron á bisbarra do Baixo Miño, xa que un restaurante do Concello da Guarda recibiu unha axuda para a renovación das súas instalacións

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Febrero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia acaba de abrir unha nova convocatoria da orde de axudas para a mellora e modernización dos establecementos turísticos cunha dotación de 3,5 millóns de euros, o que supón máis do dobre dos 1,5 millóns investidos nesta mesma liña o pasado exercicio.

Esta orde, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 4 de marzo, está orientada a establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, casas de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues -unha das novidades deste ano- e negocios de restauración co obxectivo de poidan que reforzar o seu servizo de calidade e dotarse dunha oferta competitiva e diferenciada, axudando a conferir confianza e seguridade nos viaxeiros, coincidindo co dobre Ano Santo 2021-2022.

Na convocatoria, xa aberta, recóllese que as axudas poden financiar ata o 50% do investimento realizado cunha contía máxima de 50.000€, o que supón un incremento do 42% nas achegas con respecto aos límites do 35% e os 35.000€ fixados en 2020.

As accións subvencionables inclúen medidas que garantan a accesibilidade e a supresión das barreiras arquitectónicas e que permitan obter certificacións, como a Q de Calidad Turística ou elevar a categoría do establecemento. Tamén se financiarán accións a prol da sustentabilidade, como a mellora da climatización coa posta en marcha de medidas de aforro enerxético, actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización, a modernización dos locais e o embelecemento da contorna, a dotación de equipamentos mobles para o seu funcionamento e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde.

Na anterior convocatoria, a Xunta financiou 80 proxectos de mellora de establecementos turísticos, dos que 41 correspondéronse coa provincia de Pontevedra. Esta liña de axudas tamén alcanzou o pasado ano á bisbarra do Baixo Miño, xa que un restaurante do Concello da Guarda contou con financiamento para a renovación das súas instalacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí