Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta adxudica a redacción do contrato para impulsar un plan de sendas nas comarcas do Baixo Miño e do Condado

Trátase de identificar os treitos de sendas prioritarios a executar nas marxes das estradas autonómicas ao seu paso polos concellos da Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Trátase de identificar os treitos de sendas prioritarios a executar nas marxes das estradas autonómicas ao seu paso polos concellos da Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Diciembre de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar o contrato para redactar un Plan de sendas nas comarcas do Baixo Miño e do Condado.

 

Este servizo adxudicouse á empresa Aquatica Ingeniería Civil, S.L. por un importe de máis de 18.000 euros.

 

Trátase de identificar os treitos de sendas prioritarios a executar nas marxes das estradas autonómicas ao seu paso polos concellos da Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas.

 

No marco da redacción deste contrato, que opta a posible financiamento europeo con fondos Next Generation ou FEDER 21/27, consultarase aos municipios nos que se acometerán as sendas, tal como se fixo nas fases anteriores noutras comarcas.

 

Para o impulso destes itinerarios peonís e ciclistas, tómanse en consideración criterios como a localización das estradas con respecto a núcleos de poboación ou servizos e equipamentos. Tamén se teñen en conta as características particulares das vías, a integración ambiental ou a mobilidade alternativa actual.

 

No caso de cada bisbarra, realizarase un estudo inicial de identificación de posibles sendas, relacionando os focos de atracción de peóns e ciclistas cos seus puntos de xeración correspondentes. Identificaranse as sendas existentes, as planificadas e os tramos onde sería axeitado implantalas.

 

A continuación, avaliarase a oportunidade de executar cada treito de senda identificado, para xerarquizar a proposta de actuación en base a criterios obxectivos que determinen a eficiencia e eficacia das actuacións.

 

Tamén se estudará a posibilidade de incluír sendas en concellos limítrofes, cando se consideren necesarias ou dean continuidade a itinerarios das comarcas analizadas.

 

3ª fase do Plan de Sendas

A Xunta, con este contrato e outros para as comarcas de Noia e Barbanza, de Deza, e de Lemos e Sarria, está a impulsar a 3ª fase do Plan de Sendas de Galicia.

 

O Goberno galego continúa así co desenvolvemento deste plan, que na primeira fase dotou de sendas as bisbarras da Coruña, Bergantiños, Ferrol, O Salnés, Santiago, Terra Cha e Vigo e na segunda, as de Lugo, O Morrazo, Ourense e Pontevedra.

 

Este Plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí