Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta apoia con 35.000 euros os gastos de funcionamento de 21 agrupacións de voluntarios de Protección civil da área territorial de pontevedra

As achegas benefician a catro agrupacións da bisbarra de Pontevedra, seis de Caldas, cinco do Salnés, tres do Deza e outras tantas do Baixo Miño

As achegas benefician a catro agrupacións da bisbarra de Pontevedra, seis de Caldas, cinco do Salnés, tres do Deza e outras tantas do Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de axudas destinada a financiar os gastos das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios, ás que a Xunta destina un orzamento de 340.000 euros. No caso da área territorial de Pontevedra, as achegas supoñen preto de 35.000 euros a prol de 21 entidades.

A distribución destas axudas beneficia a catro agrupacións da comarca de Pontevedra, que son Barro (964€), Cerdedo-Cotobade (2.682€), Marín (1.963€) e Poio (2.168€); e a seis da bisbarra de Caldas, que se reparten entre Caldas de Reis (2.198€), Catoira (1.256€), Cuntis (1.838€), Moraña (1.383€), Portas (1.914€) e Valga (1.488€).

No caso do Salnés, as cinco entidades beneficiarias son Cambados (1.223€), Meis (1.580€), Ribadumia (1.089€), Vilagarcía de Arousa (1.814€) e Vilanova de Arousa (1.857€).

Tamén veñen de aprobarse achegas para tres entidades da comarca do Deza, que son Agolada (1.035€), Lalín (1.981€) e Vila de Cruces (1.084€), e outras tantas do Baixo Miño con axudas para O Rosal (1.652€), Tomiño (2.314€) e Tui (2.057€).

Tipoloxía dos gastos subvencionables

As achegas do Goberno galego permitirán apoiar a un total de 188 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comunidade. No que respecta ás demais provincias, 61 asociacións da Coruña recibirán axudas por valor de case 115.700 euros; en Lugo, serán 33 agrupacións, cun orzamento de máis de 54.800 euros; e en Ourense, hai 64 beneficiarias grazas a un financiamento duns 113.600 euros.

As axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións.

Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencias dos concellos de menos de 50.000 habitantes, a través da que o ano pasado se concederon 932.400 euros a 87 municipios galegos e 2 mancomunidades. Entre o material cedido inclúense 12 remolques de emerxencias, 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle), 4 embarcacións pneumáticas, 12 coitelas para retirada de neve e 12 esparexedores de sal.

O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC na comunidade e tamén dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) supón case 20 millóns de euros. Ademais, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), os voluntarios destas agrupacións e os profesionais dos distintos servizos de emerxencias reciben formación neste eido.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí