Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta aproba 260 axudas para o sector hostaleiro da bisbarra do Baixo Miño e inxéctalle máis de 500.000? ao abeiro do seu plan de rescate

O Concello de Tui lidera as achegas recibidas na zona, con 190 solicitudes aprobadas por un montante total de máis de 330.000?

O Concello de Tui lidera as achegas recibidas na zona, con 190 solicitudes aprobadas por un montante total de máis de 330.000?

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

  • Tomiño e A Guarda tamén superan a vintena de compensacións para paliar os efectos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19
  • O Goberno galego, que xa abonou 20.000 axudas ao sector e completará o pago nestes días, prepara unha segunda convocatoria dotada con alomenos 50 millóns de euros, que se activará no mes de febreiro e será compatible coas percepcións anteriores

A Xunta de Galicia aprobou case 260 axudas para o sector hostaleiro da bisbarra do Baixo Miño ao abeiro do seu Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería, aprobado a finais do pasado ano para paliar os efectos socioeconómicos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19 neste sector e outros afectados pola pandemia. Deste xeito, estase a inxectarlle máis de 500.000€ para superar a actual situación.

O Concello de Tui lidera as achegas compensatorias á hostalería recibidas da Xunta de Galicia, xa que cursáronse ata 190, entre as tres liñas do Plan de Rescate, por un importe total de 333.750€.

Pola súa banda, os Concellos de Tomiño e A Guarda tamén superan a vintena de axudas aprobadas polo executivo autonómico para colaborar co sector ante os prexuízos da pandemia. En calquera caso, as achegas alcanzaron, en maior ou menor medida, a todos os concellos da bisbarra, xa que Oia e O Rosal contan con 13 e 5 compensacións, respectivamente.

A piques de pechar esta primeira convocatoria do Plan de Rescate, a Xunta aprobou máis de 7.600 axudas por importe de case 14 millóns de euros na provincia de Pontevedra e ata 24.000 en toda Galicia. Ata o momento, no ámbito da comunidade, abonáronse máis de 20.000 compensacións por importe de 37 millóns de euros e os pagos quedarán completados nos próximos días.

Segundo Plan de Rescate

No marco da liña de colaboración e apoio ao sector da hostalería consensuada cos seus representantes, a Xunta xa está a perfilar un segundo Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería cun montante de alomenos 50 millóns de euros e que se orientará a paliar os efectos económicos das medidas sanitarias fronte a terceira vaga da covid-19. Esta nova liña de compensacións directas, anunciada polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, e que atende ás peticións dos representantes do Clúster de Turismo e da Mesa de Negociación da Hostalería, manterá o mesmo formato que a primeira con tres ordes que serán acumulables para este sector e compatibles coas percepcións anteriores, pero que esixirá menos requisitos e terá unha maior axilidade administrativa.

A intención da Xunta de Galicia, atendendo ao acordo no marco do diálogo social co sector da hostalería, pasa por activar este novo Plan de Rescate no mes de febreiro, pero previamente, o vindeiro luns, haberá unha reunion coas deputacións e a Fegamp para ver a posibilidade de que se sumen a estas achegas a través da creación dun Fondo Covid-19, xa que o Goberno galego estima que podería ser máis ambicioso, fortalecer o apoio ao sector e responder á súa demanda e á da cidadanía de actuar conxuntamente e sumando sinerxias con unidade de acción.

 

Concello

Total de Axudas para Hostalería

Importe de Axudas para Hostalería

A Guarda

22

65.725€

Oia

13

32.700€

O Rosal

5

15.200€

Tomiño

30

73.400€

Tui

190

333.750€

TOTAL

260

520.775€

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí