Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta avoga por salvagardar os intereses do sector marítimo-pesqueiro no desenvolvemento da eólica mariña

O director xeral de Pesca participou na xornada A pesca e os ecosistemas mariños ante a eólica mariña: unha visión das administracións e o sector, onde lembrou que ningún promotor pode tramitar proxectos deste tipo en Galicia ata que o Goberno central apr

O director xeral de Pesca participou na xornada A pesca e os ecosistemas mariños ante a eólica mariña: unha visión das administracións e o sector, onde lembrou que ningún promotor pode tramitar proxectos deste tipo en Galicia ata que o Goberno central apr

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Diciembre de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, defendeu hoxe a necesidade de que o desenvolvemento da eólica mariña no litoral de Galicia sexa compatible coa actividade pesqueira e coa preservación do ecosistema. Fíxoo durante a súa participación na xornada A pesca e os ecosistemas mariños ante a eólica mariña: unha visión das administracións do sector, organizada pola Plataforma en defensa da pesca e dos ecosistemas mariños.  

O representante do Executivo galego explicou que é necesario avanzar no desenvolvemento deste tipo de tecnoloxías renovables, que contan cun importante potencial en Galicia, pero tamén subliñou a necesidade de salvagardar os intereses dun sector fundamental para a comunidade como o sector marítimo-pesqueiro.

Neste sentido, Antonio Basanta sinalou que é fundamental que as dúas actividades sexan compatibles e lembrou que polo momento ningún promotor pode tramitar proxectos de eólica mariña en Galicia -nin noutros puntos do litoral español- á espera de que o Goberno central, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, aprobe o documento definitivo dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM).

Así, sinalou que é importante que o sector marítimo-pesqueiro sexa parte do proceso de desenvolvemento desta tecnoloxía e que por iso a Xunta de Galicia creou a mediados do ano pasado o Observatorio da eólica mariña -no que están representados a Administración, a industria e o sector pesqueiro- para avanzar neste asunto desde o diálogo, o consenso e a transparencia. A este respecto, lembrou que esta iniciativa foi recoñecida como unha boa práctica na resolución aprobada hai uns meses polo Parlamento Europeo sobre a Economía Azul e o papel da pesca e a acuicultura no seu desenvolvemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones