Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta destina 31 mEuros á conservación e á vialidade invernal da rede de estradas autonómicas da provincia de Pontevedra nos vindeiros catro anos

O delegado territorial, Luis López, informa deste proceso de contratación nunha visita ao centro de conservación de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, informa deste proceso de contratación nunha visita ao centro de conservación de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Junio de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vai destinar máis de 31 millóns de euros ás accións de conservación ordinaria e vialidade invernal da rede de estradas autonómicas da provincia de Pontevedra durante os vindeiros catro anos.

O delegado territorial, Luis López, informou deste investimento, que se atopa en fase de contratación, nunha visita ao centro de conservación de Pontevedra, onde destacou que o Goberno galego incrementou un 15% esta partida "para garantir que as estradas estean nas mellores condicións e os usuarios das vías autonómicas se atopen seguros e atendidos do mellor xeito posible".

A Consellería de Infraestruturas sacou a licitación dous concursos públicos a través de senllos lotes. O correspondente coa zona de Pontevedra Norte, que conta cun orzamento de 17,3 millóns de euros para a atención de 776 quilómetros, recibiu 18 ofertas, mentres que o de Pontevedra Sur, licitado por 13,7 millóns para 495 quilómetros, conta con 17 propostas.

Ambos procedementos, que recollen a contratación do servizo por espazo de catro anos aos que se podería engadir outro de prórroga, atópanse en fase de baremación de ofertas e procederase á súa adxudicación nas vindeiras semanas.

Os operativos previstos nas dúas zonas da provincia contemplan un dispositivo con 85 persoas, 25 vehículos, 30 máquinas pesadas e 81 lixeiras de xeito xeral, así como oito cuñas quitaneves, cinco esparexedoras de sal, dous estendedores de salmoira e 10.000 toneladas de fundentes para a vialidade invernal, que se desenvolverá, como é habitual, entre os meses de novembro e abril.

Os traballos coordinaranse dende os tres centros de conservación e os dous subcentros de atención á vialidade e roldarán os 15.249 quilómetros de desbroces, 12.400 toneladas de firmes bituminosos, 4.606 quilómetros de marcas viarias e 868 sinais verticais.

As tarefas a desenvolver ao abeiro destes contratos contemplan a drenaxe, sinalización, reposición de barreiras de seguridade, rozas, renovación de pavimentos, sostemento dos noiros, atención en desperfectos das infraestruturas, emerxencias e accidentes, labores de vixilancia e inspección e mantemento axeitado das vías ante condicións climáticas adversas.

"O elevado volume deste investimento, que ademais aumenta considerablemente, confirma a aposta da Xunta pola mobilidade segura e polo bo estado dos 1.271 quilómetros das infraestruturas viarias autonómicas da provincia de Pontevedra", especificou o delegado territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí