Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta ensaiará a reapertura do ocio nocturno para cando se dean as circunstancias, cun 50% de ocupación dos locais, controis de acceso e rexistro de clientes

A proba farase o 12 de xuño en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixo, e nas discotecas accederase con invitación e PCR negativa

A proba farase o 12 de xuño en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixo, e nas discotecas accederase con invitación e PCR negativa

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Mayo de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta realizará unha proba piloto como ensaio previo á reapertura do ocio nocturno cando se dean as circunstancias. Farase o 12 de xuño en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixos; é dicir, en nivel D.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acordaron hoxe con representantes do sector o protocolo de pilotaxe de reactivación do lecer nocturno. Ademais das indicacións para a proba piloto, o documento inclúe medidas sanitarias e unha recomendación de boas prácticas que se deberá ter en conta para unha desescalada do sector que será gradual, dinámica e reversible en función da evolución dos contaxios.

Serán seis os locais nos que o 12 de xuño se fagan as probas. Segundo se acordou cos representantes do sector, o plan piloto activarase en dúas discotecas (unha con superficie superior a 1.500 m2 e outra inferior) e en catro pubs (un en cada provincia). Para entrar nas discotecas será necesario facelo con invitación previa e cunha PCR negativa. En todos eles o uso da máscara será obrigatoria.

A ocupación dos locais non poderá superar o 50% da súa capacidade no interior e o 75% en terrazas e espazos ao aire libre. Deberá garantirse a separación mínima de 1,5 metros entre mesas, así como as distancias interpersoais. Os establecementos que participen na proba deberán pechar as portas á unha da mañá.

Os responsables dos locais deberán declarar e exhibir a ocupación máxima, así como levar un control e un rexistro dos clientes que terán que gardar durante tres meses para poder ser localizados en caso de gromos. Tamén deberán garantir a correcta ventilación empregando aparellos medidores de CO2.

A pilotaxe permitirá obter datos en varios establecementos e o seu estudo facilitará mellorar as medidas para a reactivación do ocio nocturno cando se dean as circunstancias, xa que a finalidade última do plan é protexer a traballadores e clientes reducindo as posibilidades de contaxios.

O acordo afecta a discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e salas de concertos, e encádrase dentro dos habituais encontros entre a Administración galega e o sector para reducir o impacto da crise sanitaria nos seus negocios. Nese contexto, a Xunta vén de habilitar unha partida de 4 millóns de euros que destinará integramente ao ocio nocturno en compensación polos meses nos que tivo que permanecer pechado polas restricións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí