Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta estende o nivel máximo de alerta por vaga de calor a toda Galicia

Toda a comunidade galega estará, polo menos ata o venres, nunha situación de alerta por vaga de calor nivel 3 (vermello)

Toda a comunidade galega estará, polo menos ata o venres, nunha situación de alerta por vaga de calor nivel 3 (vermello)

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor e no marco do Plan de Actuación fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, extendeu o nivel de alerta por vaga de calor ata o 3, sende este o máximo. Esta situación de alerta xa fora declarada o venres pasado nalgunhas zonas de Pontevedra, pero agora a xunta extendeuna a toda Galicia, prevendo unha duración ata polo menos o venres desta semana.

Según os datos ofrecidos por MeteoGalicia, dende o luns ata polo menos o venres, toda a comunidade permanecerá baixo os efectos dunha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Trátase dunha situación excepcional en toda Galicia xa que, ademais das altas presións que permanecerán estacionarias ao norte da Península Ibérica, haberá unha DANA (Depresión Aillada en Niveis Altos) no Atlántico que fará que a intensidade e a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios. Por tanto, as temperaturas serán moi elevadas durante este periodo, tanto nos valores mínimos coma nos máximos.

A situación rematará có achegamento desa DANA a Galicia, que terá lugar previsiblemente durante a fin de semana. Con esta chegada, teríamos inestabilidade e polo tanto nubes, tormentas e entrada de aire atlántico, que será máis fresco e húmido, o cal ocasionará un importante descenso das temperaturas. 

Ante esta subida dos termómetros, os centros sanitarios galegos están en sobre aviso polo previsible aumento de patoloxías asociadas á calor. 

Recomendacións
Dende a Consellería de Sanidade se quere, así mesmo, lembrar á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor extremo.
 
  • Beberase máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucradas. Así mesmo, comeranse verduras e froitas e evitaranse as comidas copiosas.
 
  • Respecto da vestimenta, Sanidade recomenda usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire. 
  • No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.
 
  • No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.
 
  • Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Asemade, Sanidade sinala que nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible, e nunca inferior a vinte.
 
Aínda que estas recomendacións son para a poboación en xeral, terase que extremar a  precaución nas persoas con risco de ter mais episodios adversos relacionados coa calor, como son os nenos e nenas menores de cinco anos, as persoas de idades avanzadas e as persoas con enfermidades crónicas: cardiocirculatorias, respiratorias, renais, mentais, diabetes, hipertensión arterial e obesidade.
 
Recorde que, si ten parentes ou veciños que vivan sós, é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí