Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta financia a contratación de 16 socorristas para a próxima campaña de verán en sete concellos do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta

A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou seis contratacións para as praias da Guarda, dúas para Tomiño, A Cañiza, As Neves e Ponteareas e unha para O Rosal e Covelo

A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou seis contratacións para as praias da Guarda, dúas para Tomiño, A Cañiza, As Neves e Ponteareas e unha para O Rosal e Covelo

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2022

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 16 socorristas para a próxima campaña de verán en sete concellos das comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta ao abeiro da orde de axudas para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño, informou da concesión destas axudas, que veñen de notificarse na xornada de hoxe e que nestas bisbarras ascenden a 51.796 euros.

O representante autonómico desglosou estas subvencións, orientadas a garantir a seguridade en praias, zonas fluviais e piscinas, nunha visita ao areal do Bao, na Illa de Arousa, xunto ao alcalde, Carlos Iglesias. Esta praia é unha das dúas do municipio que ten bandeira azul e beneficiarase dos seis socorristas outorgados a este concello cunha achega de 18.660 euros.

Polo que respecta ao sur da provincia, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aprobou seis axudas de salvamento a prol do Concello da Guarda para as súas praias por importe de 18.660 euros, dúas para a praia fluvial de Goián en Tomiño (6.220 euros), outras dúas para Ponteareas (7.200 euros), dúas para as piscinas da Cañiza (6.430 euros) e das Neves (7.066 euros) e unha para a praia fluvial de Eiras no Rosal (3.110 euros) e outra para a piscina de Covelo (3.110 euros). En todos os casos, subvenciónase a contratación por espazo de dous meses.

“A seguridade no verán, especialmente en espazos acuáticos como praias e zonas fluviais ou recintos municipais como as piscinas, é fundamental para seguir mantendo a Galicia como destino seguro e por iso dende a Xunta colaboramos moito cos concellos para que se doten de profesionais axeitados”, concluiu o representante autonómico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí