Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta inviste preto de 7 M euros en obradoiros de emprego teórico-prácticos que beneficiarán 260 alumnos da área territorial de Pontevedra

A Guarda e Tui son os concellos beneficiarios na Comarca do Baixo Miño

Inauguración do último obradoiro realizado na Guarda, en Outubro de 2022. Foto arquivo

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Septiembre de 2023

Fuente: Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

  • O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta co fomento do emprego e a importancia de axudar aos desempregados no seu primeiro contacto co mundo laboral
  • Os obradoiros formarán ao alumnado en oficios cunha alta demanda de traballadores como a hostalería, a carpintería ou a albanelería

A Xunta vén de aprobar a realización de 13 obradoiros de emprego duais na área territorial de Pontevedra que contarán cun investimento total de preto de 7 millóns de euros.

A comisión de valoración dos obradoiros de emprego duais reuniuse a semana pasada para dar luz verde á realización de 13 dos 14 proxectos presentados que buscan fomentar a empregabilidade dos galegos e galegas. En total, estes cursos, que mesturan a formación teórica coa práctica, beneficiarán 260 persoas que sairán mellor preparadas para empregarse en sectores cunha alta demanda de man de obra, como a hostalería, a albanelería, a carpintería ou a pesca.

Cabe destacar ademais que seis destes proxectos contan cun compromiso de contratación, unha medida que sumaba puntos no concurso e que asegurará un posto de traballo a 70 alumnos. Para elo, os concellos que ofrecen esta posibilidade contan cun fondo de incentivo á contratación que suma máis de 70.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, destacou a gran importancia destes obradoiros que “xa o pasado curso axudaron a centos de persoas e que este ano volverán supoñer un gran apoio para todos os participantes”.

Entre os concellos que solicitaron esta axuda destacan varios da comarca do Salnés, como Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove, ou a Mancomunidade do Salnés. Entre todos eles suman máis de 2,6 millóns de euros de apoio autonómico para esta iniciativa.

Tamén terán un obradoiro de emprego dual os concellos de Ponteareas; Poio; A Guarda; Tui; Marín; Moraña, que se asocia ao concello de Valga; Lalín e Salceda de Caselas.

Reguera lembrou o gran compromiso da Xunta co fomento do emprego e con ofrecer ferramentas útiles que axuden á formación de todos os que o precisen. “Estes investimentos teñen un gran impacto na vida das persoas. Non só porque poden aprender un oficio, ou mellorar as habilidades que xa teñen, senón porque as poñemos directamente en contacto co mundo laboral e sabemos que moitas veces iso é o máis difícil”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí