Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A xunta inxecta máis de 2,5 mE na hostalaría do condado, a paradanta e o baixo miño coa aprobación de 1.100 axudas directas dos dous primeiros plans de rescate

Os establecementos de Ponteareas e Tui superaron as 300 achegas cun importe global por riba dos 700.000 euros, respectivamente, coas dúas convocatorias, que deron cobertura ao 94% dos negocios da provincia

Os establecementos de Ponteareas e Tui superaron as 300 achegas cun importe global por riba dos 700.000 euros, respectivamente, coas dúas convocatorias, que deron cobertura ao 94% dos negocios da provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Junio de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de inxectar máis de 2,5 millóns de euros no sector da hostalaría das bisbarras do Condado, A Paradante e o Baixo Miño a través da aprobación de 1.080 axudas directas correspondentes cos dous primeiros plans de rescate.

 

A segunda convocatoria, que acaba de quedar resolta, permitiu que as achegas deran cobertura ao 94% dos establecementos de hostalaría da provincia de Pontevedra -coa aprobación de 13.385 axudas por importe de case 30 millóns de euros- e lles outorgaran liquidez ao ser un dos sectores máis afectados pola pandemia e polas necesarias medidas sanitarias de contención da covid-19.

 

En toda Galicia outorgáronse máis de 37.000 axudas directas en ambos os dous plans de rescate, co que chegaron a case a nove de cada dez bares, restaurantes, cafeterías e outros establecementos de alimentación e bebidas radicados na Comunidade. Todos estes apoios supuxeron ata o de agora un desembolso de 86,6 millóns de euros das arcas autonómicas.

 

Axudas nas comarcas

En canto á distribución nestas tres bisbarras, os locais dos municipios de Ponteareas e Tui superaron as 300 axudas cada un deles por un importe global por riba dos 700.000 euros, respectivamente.

 

Polo demais, tamén destacaron as achegas concedidas, ao abeiro destes dous plans de rescate, aos establecementos do sector hostaleiro de Tomiño (87), A Guarda (87), A Cañiza (48), Oia (44) ou O Rosal (44).

 

A relación de beneficiarios e de contías por concellos é a seguinte:

 

 

Concello

Axudas abonadas

Contía en euros

Ponteareas

344

730.910

Tui

335

739.230

Arbo

20

45.100

A Cañiza

48

113.720

Covelo

12

26.520

Crecente

6

15.400

A Guarda

87

255.805

Mondariz

25

70.600

Mondariz-Balneario

11

31.525

As Neves

17

31.525

Oia

44

129.100

O Rosal

44

125.600

Tomiño

87

229.040

TOTAL

1.080

2.544.545

 

Cos dous primeiros plans de rescate a Xunta mobilizou un total de 182 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a estes negocios e contribuír á permanencia do emprego e da viabilidade. Máis da metade dese diñeiro foi parar ao sector hostaleiro.

 

3º Plan aprobado

O Consello do Goberno galego, pola súa banda, vén de aprobar o 3º plan que, no seu caso, nutrirase de fondos do Estado, dos que 234,4 millóns de euros corresponderán á Comunidade, apenas o 3,3% dos 7.000 millóns que se repartiron en toda España.

 

Dentro da escasa marxe de manobra que o Goberno central deixa ás comunidades, Galicia priorizará que as axudas cheguen ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego. Para elas resérvanse 200 dos 234 millóns de orzamento, o 85% do plan.

 

En consenso do Diálogo Social e coa Mesa do Emprego Autónomo, a Xunta vén de deseñar un 3º plan que prevé axudas de entre 3.000 e 30.000 euros para persoas traballadoras autónomas, microempresas, pemes e empresas, establecidas en función da baixada de facturación padecida a causa da covid-19 e o número de persoas empregadas ao cargo.

 

Outra das aportacións de Galicia ao plan consistiu estender as axudas a todas as actividades económicas, e non só ás 95 apuntadas polo Real Decreto do Estado, sempre e cando poidan acreditar unha caída de ingresos dun 40% ou máis.

 

Co obxectivo de garantir a maior axilidade posible, o Goberno galego aplicará o mesmo criterio que no primeiro e segundo plans de rescate e concederá o anticipo do 100% dos importes coa mera presentación dunha declaración responsable.

 

Coa convocatoria do 3º plan, a Xunta terá destinado cerca de 560 millóns en axudas directas en seis meses aos sectores máis prexudicados pola pandemia: 416 millóns dos tres plans de rescate e a contía restante correspondente a diferentes departamentos da Xunta que veñen de apoiar a axencias de viaxes, ocio nocturno, orquestras ou ao sector das artes escénicas e musicais, entre outros ámbitos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí