Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta lamenta que a Deputación de Pontevedra rache a unión de Galicia no stand da Xunta en FITUR

-Non sei a quen lle pode molestar esa reserva no noso propio stand salvo que o que se busque sexa unha política de confrontación, unha vez máis-, sinalou Nava Castro

-Non sei a quen lle pode molestar esa reserva no noso propio stand salvo que o que se busque sexa unha política de confrontación, unha vez máis-, sinalou Nava Castro

Fecha: 11 de Enero de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta lamenta que a Deputación de Pontevedra rache a unión de Galicia no stand de Fitur e anunciara hoxe que non vai utilizar o espazo común na feira, que se celebrará en Madrid entre o 19 e o 23 de xaneiro.

A Xunta pediu a todos os organismos que van facer uso do espazo que reservaran cinco asentos para os representantes autonómicos, tal e como explicou por carta a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, aos organismos e entidades invitados a participar no encontro. Con esta medida queríase, ademais, evitar que se repetira a escena da pasada edición, na que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tratou de expulsar do stand do Goberno galego á propia delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, como recolleron as testemuñas e as imaxes da xornada.

A responsable de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, respondeu a esa misiva cun escrito no que expresaba a súa “rotunda desconformidade” con esa medida e argumentando que as limitacións pola pandemia obrigaban a “reducir drasticamente” as invitacións cursadas.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, respondeu á deputada provincial que non é a Deputación de Pontevedra a que debe reservar un espazo á Xunta de Galicia, senón que “é a propia Administración autonómica a que decide a súa presenza nas presentacións que se realicen no stand, como propietaria e promotora do mesmo”.

Nava Castro recordoulle a Ana Laura Iglesias que aceptar ou non a invitación a participar no stand da Xunta era voluntario, pero que “non deixa de ser significativo” que das máis de 40 administracións e institucións ás que a Xunta convidou a participar en Fitur, a Deputación de Pontevedra fora a única, a día de hoxe, que manifestara a súa “oposición rotunda” e a “imposibilidade de asumir” a presenza da Xunta stand da propia Administración galega.

Nava Castro lamentou a decisión da Deputación de Pontevedra, que racha co tradicional uso compartido do stand, que serve de espazo común para toda Galicia. “Eu non sei a quen lle pode molestar que se reserven 5 asentos de 37 salvo que o que se busque sexa unha política de confrontación, unha vez máis”. Castro aludiu tamén ao episodio sufrido na pasada edición de Fitur, que a directora de Turismo de Galicia cualificou como “unha falta total de cortesía institucional por parte de responsables desta institución provincial”.   

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí