Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta leva o venres -A contenda dos labradores de Caldelas- á parroquia de Tui que lle dá nome á peza teatral escrita en 1671

Con este espectáculo, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga levan á escena en coprodución a considerada primeira dramaturxia escrita en galego co gallo do seu 350º aniversario

Con este espectáculo, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga levan á escena en coprodución a considerada primeira dramaturxia escrita en galego co gallo do seu 350º aniversario

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Agosto de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e da Companhia de Teatro de Braga (CTB) A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño chega este venres 27 ao lugar que lle dá nome, a parroquia tudense de Caldelas. O lugar da Ribeira acollerá ás 22,00 h. esta representación histórica da considerada primeira obra teatral escrita en galego, asinada por Gabriel Feixóo de Araúxo e datada en 1671. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director do CDG, Fran Núñez, xunto ao seu homólogo na CTB, Rui Madeira, a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o presidente da Fundación Lois Peña Novo, Xosé González Martínez.

 

Na súa intervención, Fran Núñez salientou a importancia desta representación polo seu carácter simbólico, xa que permite “levar á escena o texto fundacional da dramaturxia galega no seu contexto natural, a ribeira do Miño”. O director do CDG destacou tamén a montaxe como “oportunidade de continuar a colaboración con estruturas do país veciño”. “O espectáculo concíbese como unha festa, unha celebración que se encadra arredor do 350º aniversario da peza e que reforza moito o Eixo Atlántico Galicia-Norte de Portugal neste ano no que precisamente Braga é a súa capital cultural”, engadiu.

 

Dirixida por Fran Núñez co apoio dramatúrxico do responsable da CTB, Rui Madeira,  e cun elenco composto por intérpretes de diversos países de fala lusa e de Galicia, A contenda do río Miño inclúe fragmentos en galego, portugués e castelán, ao igual que o texto orixinal. Como sinalou o director do CDG, a montaxe aborda as fronteiras que unen e separan, así como a loita polos recursos e de clases como temas universais e atemporais, que motivaron tanto o conflito recreado na obra do século XVII coma outros moitos ao longo da historia.

 

Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, Antonio Jorge, Grasiela Müller, Aisa Pérez, Solange Sá e Fran Núñez, coa colaboración especial de Paulo Bragança, danlles vida ás personaxes deste espectáculo de gran forza visual. A música e o baile teñen tamén especial protagonismo, coas coreografías de Belén Vázquez e Pilar Peña, do Centro Coreográfico Galego. Os equipos técnicos do Centro Dramático Galego e da Companhia de Teatro de Braga completan a ficha artística nesta unión de esforzos que busca reforzar a identidade común.

 

A contenda do río Miño chega a Caldelas tras a súa estrea o pasado xullo no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, no marco da designación de Portugal como país convidado da 44º edición do Festival Internacional de Teatro Clásico da vila manchega. En Galicia a estrea foi no Festival Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, e houbo tamén funcións na vila portuguesa de Braga.

 

Dinamización do sector teatral galego

O espectáculo forma parte da programación do CDG para esta temporada, na que a unidade de produción teatral da Xunta presentou outras tres pezas. Trátase das xa estreadas O charco de Ulises, que volverá aos escenarios a finais de ano nunha xira galega, e Terceiro acto. A elas súmaselles o vindeiro mes Serva me, servabo te, que será espectáculo inaugural na Feira de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño e que estará no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 9 ao 26 de setembro.

 

Diversas coproducións e novas iniciativas como o programa Residencias cruzadas ou a Bolsa de dramaturxia e creación completan a intensa actividade desenvolvida polo Centro Dramático Galego a prol da dinamización do sector teatral nos últimos meses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones