Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta licita por 2,3 millóns de euros a instalación de novas defensas verticais e escalas nunha trintena de peiraos

O investimento destínase aos peiraos de atracada de Burela, Cedeira, Pontedeume, Sada, Lorbé, San Pedro de Visma, Suevos, Malpica, Santa Mariña (Ponteceso), Corme, Laxe, Camelle, Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión, Rianxo, Trago

O investimento destínase aos peiraos de atracada de Burela, Cedeira, Pontedeume, Sada, Lorbé, San Pedro de Visma, Suevos, Malpica, Santa Mariña (Ponteceso), Corme, Laxe, Camelle, Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión, Rianxo, Trago

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Enero de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de mellora de defensas e medios de amarre nunha trintena de peiraos de actividade pesqueira de todo o litoral galego. Esta actuación sae a concurso cun orzamento base de licitación de 2,3 millóns de euros.

 

Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 31 de xaneiro para presentar as súas ofertas.

 

O obxecto das obras proxectadas é mellorar as condicións de amarre das embarcacións, xa que as defensas protexen e absorben o impacto de colisións barco-peirao durante o amarre das embarcacións. Ademais, a distribución das defensas favorece un mellor aproveitamento das zonas de atraque. Por este motivo instalaranse preto de 2.000 metros de novas defensas verticais de caucho para distintas cargas e máis de 100 escalas de gato de aceiro inoxidable. Ademais melloraranse 340 defensas de rosario existentes e instalaranse 10 bolardos de amarre de fundición para 30 e 15 toneladas.

En concreto, as obras abarcan a dous portos da Zona Norte (costa cantábrica), que son Burela e Cedeira; 18 da Zona Centro (litoral atlántico da provincia da Coruña), en concreto  Pontedeume, Sada, Lorbé, San Pedro de Visma, Suevos, Malpica, Santa Mariña (Ponteceso), Corme, Laxe, Camelle, Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión e Rianxo; e 9 da Zona Sur (provincia de Pontevedra), que son Tragove, O Grove, Bueu, Cangas, Moaña, Meira, San Adrián, Baiona e A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones