Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta mobiliza medios de recollida de sacos de pellets no mar para tratar de minimizar a súa posible chegada á costa

O Executivo galego activa dous helicópteros, cinco embarcacións de gran porte e sete patrulleiras para rastrexar a costa galega, un operativo ao que o Goberno central unicamente aporta un avión de vixilancia

O Executivo galego activa dous helicópteros, cinco embarcacións de gran porte e sete patrulleiras para rastrexar a costa galega, un operativo ao que o Goberno central unicamente aporta un avión de vixilancia

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Enero de 2024

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta acordou hoxe mobilizar medios aéreos e marítimos do Servizo de Gardacostas de Galicia para a busca e recollida de sacos de pellets no mar co obxectivo de minimizar na medida do posible a chegada de máis residuos soltos -se eses sacos rompen- ás praias galegas.

 

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou tras reunirse con técnicos de Meteogalicia e distintos responsables da Consellería do Mar que o Executivo galego activou dúas aeronaves -os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2-, cinco embarcacións de gran porte e outras sete patrulleiras para rastrexar sacos nas costas galegas. A estes medios engádese unicamente un avión mobilizado polo Goberno central.

 

Deste xeito, estes efectivos aéreos e marítimos realizarán unha busca activa dos sacos de pellets sen descoidar outras funcións que teñen encomendadas como a inspección e vixilancia pesqueira, o control e apoio á frota ou a colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo. O obxectivo, incidiu Ángeles Vázquez, “é recuperar cantos máis sacos enteiros mellor para evitar que cheguen milleiros de partículas soltas ás praias, o que dificulta a súa recollida”.

 

Ademais, destacou que se trata dun operativo por mar que Galicia pode activar froito de que sempre apostou por contar cun Servizo de Gardacostas propio, único en España e con importantes medios -aéreos, marítimos e terrestres-, para dar servizo á que é a maior frota pesqueira do país e un elo fundamental da cadea mar-industria da comunidade, da que viven directamente arredor de 40.000 persoas.

 

Este labor no medio mariño, incidiu Ánxeles Vázquez, é moi importante ante a previsión de empeoramento das condicións meteorolóxicas e marítimas especialmente a partir de mañá, “con correntes e ventos que fan que a probabilidade de que cheguen pellets á costa sexa maior se están flotando no mar”. 

 

A vicepresidenta segunda detallou que este operativo marítimo se engade así ao persoal mobilizado en terra, que conta con máis de 300 efectivos, e que traballará ao longo do día de hoxe en máis de 50 praias pertencentes a 35 concellos. Ata o momento, engadiu, o seu labor permitiu retirar dos areais o equivalente a 80 sacos de pellets e máis de 1.500 quilos doutros residuos plásticos.

 

Ánxeles Vázquez -que estivo acompañada pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado, e polo subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto- urxiu a que o Goberno central realice unha análise de riscos da situación.

 

“Queremos saber que pasou co contedor dos pellets, se hai sacos no seu interior, e que pasa cos outros cinco contedores que caeron ao mar. Iso permitiría estar mellor preparados para actuar e anticiparnos”, aseverou a representante do Executivo galego.

 

Ángeles Vázquez tamén anunciou que a vindeira semana a Xunta creará unha comisión técnica de expertos en ecotoxicidade á que se convidará ao Goberno central e a centros especializados co obxectivo de avanzar na elaboración de estudos sobre esta materia e contribuír así a mellorar a seguridade das costas galegas.

 

Protocolos

A Xunta está a facer un seguimento constante da situación a través do Servizo de Gardacostas de Galicia en coordinación co 112 e o Sistema de Información Ambiental (SIAM) para monitorizar os avisos da chegada deste material á costa e informando aos concellos. Neste sentido, o Executivo galego apela á colaboración da cidadanía para que notifique ao teléfono 112 calquera achado de residuos nas costas galegas para que sexan incluídos nesa monitorización e pasen a integrarse no dispositivo de limpeza.

 

Nesta liña, a vicepresidenta segunda apelou a que as  persoas que queren colaborar na recollida dos restos como voluntarios o fagan con responsabilidade, contactando cos concellos nos que pretenden actuar e así optimizar os traballos. De feito, incidiu, é especialmente sensible o caso das limpezas en áreas protexidas desde o punto de vista ambiental, nas que é preciso solicitar autorización previa á Dirección Xeral de Patrimonio Natural e onde se deben extremar as precaucións para non danar os valores destas áreas así como seguir as recomendacións para protexer os ecosistemas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí