Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta outorga 25.000 en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e a mellora de coleccións a nove bibliotecas do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta

Trátase de contías e achegas que, no eido literario, son importantes, xa que poden incorporar, nalgún dos casos, máis de 500 exemplares e ademais cos títulos e as obras máis recentes, que soen espertar un maior interese entre os lectores

Trátase de contías e achegas que, no eido literario, son importantes, xa que poden incorporar, nalgún dos casos, máis de 500 exemplares e ademais cos títulos e as obras máis recentes, que soen espertar un maior interese entre os lectores

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Mayo de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar máis de 25.000 euros en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora de coleccións bibliográficas a nove bibliotecas municipais e axencias de lectura das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e  A Paradanta.

É fundamental seguir apoiando a cultura e aos creadores e tamén achegar a literatura aos cidadáns a través da ampla rede de bibliotecas que hai por toda Galicia”, manifestou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, que informou da concesión destas partidas culturais e explicou que esta orde inclúese no compromiso da Xunta para fomentar a cultura nas contornas rurais e urbanas ao tempo que se colabora co sector editorial.

Así, os municipios da Ponteareas, Tui, Salvaterra, A Guarda, A Cañiza, Covelo, O Rosal, Mondariz e Mondariz-Balneario van recibir estas achegas da consellería, que destinou un total de 550.000 euros para esta iniciativa, orientada a todas as instalacións municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A primeira liña, para a compra de novidades editoriais en galego en formato físico, permite que as bibliotecas incorporen estes libros dende o momento da súa entrada no mercado mediante un proceso áxil e atendendo á demanda.

A segunda orde de axudas céntrase na mellora das coleccións bibliográficas de bibliotecas e axencias de lectura públicas para que os concellos poidan actualizar os seus fondos e os traballadores dispoñan de máis marxe para planificar a adquisición das novidades editoriais e se poida aumentar a oferta aos usuarios con especial fincapé nas campañas de verán e Nadal, nas que adoita subir a demanda.

Trátase de contías e achegas que, no eido literario, son importantes, xa que poden incorporar, nalgún dos casos, máis de 500 exemplares e ademais cos títulos e as obras máis recentes, que soen espertar un maior interese entre os lectores”, concretou o delegado.

 

Axudas ás bibliotecas | Comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

Concello

Número de Bibliotecas

Novidades editoriais en galego

Mellora das coleccións bibliográficas

Importe

A Cañiza

1

1.163€

2.161€

3.324€

Covelo

1

775€

1.620€

2.395€

A Guarda

1

1.550€

2.701€

4.251€

Mondariz

1

775€

1.620€

2.395€

Mondariz-Balneario

1

388€

864€

1.252€

Ponteareas

1

1.938€

3.242€

5.180€

O Rosal

1

1.163€

-

1.163€

Salvaterra

1

1.163€

-

1.163€

Tui

1

1.550€

2.701€

4.251€

TOTAL

9

10.465€

14.909€

25.374€

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí