Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta publica este martes a orde de axudas do 2º plan de rescate para hostalería e outros sectores pechados pola pandemia cunha dotación de 15 m?

Ao abeiro desta liña, os hostaleiros percibirán entre 1.900? e 3.700?, pero tamén poden optar as achegas para autónomos e micropemes, polo que recibirán da Xunta ata 15.700?, que ademais son compatibles coas do primeiro plan

Ao abeiro desta liña, os hostaleiros percibirán entre 1.900? e 3.700?, pero tamén poden optar as achegas para autónomos e micropemes, polo que recibirán da Xunta ata 15.700?, que ademais son compatibles coas do primeiro plan

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Febrero de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vai publicar mañá no DOG a segunda e derradeira orde de axudas do 2º Plan de Rescate para axudar ao sectores afectados polos efectos socioeconómicos da crise sanitaria da covid-19 coa activación da liña específica para hostalería e outros ramos pechados cunha dotación de 15 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola xefa territorial de Emprego e Igualdade, Marta Martiño, celebraron este mediodía un webinar informativo sobre esta convocatoria dende o Edificio Administrativo de Campolongo que contou coa participación de preto dun cento de representantes do sector e dos ximnasios, hostaleiros particulares e concelleiros e técnicos de diversos municipios da provincia de Pontevedra.

Ao abeiro desta nova liña de axudas, cada hostaleiro poderá optar a unha axuda directa que oscilará entre os 1.900€ e os 3.700€ e cuxo importe dependerá da facturación, a porcentaxe de perda de ingresos ou o persoal contratado, entre outras circunstancias. Sen embargo, ditas axudas son compatibles coas liñas para autónomos e micropemes e que foron publicadas o pasado xoves. Por elo, e no marco das tres liñas do 2º Plan de Rescate, cada hostaleiro poderán recibir, da Xunta de Galicia, achegas de ata 15.700€.

Cremos que se trata de contías importantes, que poden axudar a superar esta difícil situación, pero é que ademais de acumulables entre si, son compatibles con ter percibido achegas do 1º Plan de Rescate, polo que calculamos que os hostaleiros recibirán en total entre 3.400 e 24.200€ en apenas catro meses”, detallou Luis López.

O delegado territorial explicou que as axudas saen en réxime de concorrencia competitiva co obxectivo de axilizar ao máximo o proceso, tal e como pediron os representantes do sector, e conta cunha tramitación sinxela e exprés “para que estas subvencións cheguen canto antes aos afectados, que é o que queremos e o que sabemos que necesitan, porque queremos apoialos para salvar os seus negocios e empregos”.

O representante autonómico lembrou que a Xunta de Galicia aportou 14 millóns de euros en axudas para os hostaleiros da provincia de Pontevedra ao abeiro do 1º Plan de Rescate e estimou que, desta volta, “podería aportarse, cando menos, unha cantidade similar, polo que, ademais de compartir a súa preocupación e sentir os seus problemas como propios, tamén facemos un importante esforzo económico, máis que xusto dada a situación que padecen, coa liña de axudas directas máis alta das habilitadas en España, con 160 millóns de euros entre as dúas convocatorias, para este sector fundamental”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí