Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta reforza a coordinación cos alcaldes de Pontevedra ante a vaga de incendios forestais en Galicia

O delegado territorial Agustín Reguera reuniuse cos alcaldes da provincia para activar medidas de prevención e resposta inmediata, nun contexto de actividade incendiaria sen precedentes.

O delegado territorial Agustín Reguera reuniuse cos alcaldes da provincia para activar medidas de prevención e resposta inmediata, nun contexto de actividade incendiaria sen precedentes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, mantivo este martes unha reunión cos alcaldes da provincia co obxectivo de reforzar a coordinación fronte á vaga de incendios forestais que afecta a Galicia neste mes de agosto. No encontro tamén participou o xefe do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Manuel Francisco Gutiérrez.

Reguera salientou que Galicia vive unha situación “excepcional”, na que a defensa das persoas e das vivendas é prioridade absoluta. Subliñou ademais que, malia que Pontevedra non está a rexistrar a mesma gravidade que outras provincias, é fundamental manter os canais de comunicación e resposta activados para anticiparse a calquera risco.

Segundo datos da Consellería do Medio Rural, desde o 1 de agosto rexistráronse 492 incendios en Galicia, 370 máis que no mesmo período do ano pasado. Só na xornada do domingo chegaron a declararse arredor de 30 novos focos.

Para facer fronte a esta emerxencia, a Xunta despregou o maior operativo da súa historia, composto por máis de 3.000 profesionais, 32 medios aéreos, 580 motobombas, 56 buldóceres, 10 batracios e o apoio da Policía Autonómica, UME e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Durante a reunión, solicitouse aos alcaldes que extremen a vixilancia en zonas sensibles, como áreas de interface urbano-forestal, espazos naturais protexidos ou zonas de alta carga vexetal. Tamén se lles pediu revisar as faixas secundarias, activar os puntos de auga municipais e constituír as brigadas previstas nos convenios.

Reguera advertiu ademais do carácter intencionado de moitos lumes, reiterando a política de “tolerancia cero” da Xunta fronte a quen pon en perigo vidas humanas e fogares: “exixiremos que todo o peso da lei caia sobre os responsables”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí