Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta remata a mellora de seguridade viaria na estrada PO-552 entre Tui e Tomiño e elimina os seus tramos de concentración de accidentes cun investimento de 660.000

A reforma da vía consistiu na construción de dúas glorietas nos entronques coas estradas PO-344 de acceso a Tomiño e coa PO-350, así como na remodelación dunha intersección, e o reforzo da iluminación, as beirarrúas e a sinalización

A reforma da vía consistiu na construción de dúas glorietas nos entronques coas estradas PO-344 de acceso a Tomiño e coa PO-350, así como na remodelación dunha intersección, e o reforzo da iluminación, as beirarrúas e a sinalización

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Abril de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de rematar coas obras de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, no treito entre Tui e Tomiño, consistentes na eliminación dos seus tramos de concentración de accidentes grazas a un investimento, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, de 660.000€.

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, realizou esta mañá unha visita de supervisión nos tres puntos da actuación na compaña dos alcaldes de Tui e Tomiño, Enrique Cabaleiro e Sandra González, respectivamente.

O representante autonómico puxo en valor a importancia deste proxecto, “xa que nos permite seguir avanzando na estratexia da Xunta de eliminar no prazo máis curto os tramos de maior risco das estradas autonómicas e dotar de máis seguridade a unha vía cun tráfico denso e que discorre por moitos núcleos de poboación, beneficiando de xeito directo aos máis de 30.000 veciños de Tui e Tomiño”.

As obras realizadas consistiron, principalmente, na construción de dúas glorietas: unha no punto quilométrico 71+000 coincidindo co cruzamento da PO-552 coa PO-350 e outra no punto quilométrico 60+600 na actual intersección coa PO-344 de acceso ao casco urbano de Tomiño. Así mesmo, neste segundo punto dotouse un treito de 400 metros de lonxitude de cuñas de incorporación.

A terceira gran actuación deste proxecto acometeuse no punto quilométrico 69+150 cunha mellora da súa intersección a través do ensanchamento dos carrís centrais cunha modificación das marcas viarias e a renovación do firme.

Os traballos complementarios centráronse na reordenación dos pasos de peóns e o seu reforzo lumínico con detección de viandantes, o alumeado das glorietas con ata 44 báculos instalados nos seus aneis centrais, a creación de beirarrúas no perímetro das novas rotondas conformando un itinerario peonil seguro nestas contornas, a recolocación das paradas de bus e a dotación de seis marquesiñas, o reforzo e redeseño da sinalización e o balizamento con 108 fitos verticais e 425 captafaros de dobre cara, así como a extensión dunha nova capa de rodaxe en todos os tramos beneficiarios.

Durante a visita, o delegado territorial quixo destacar a “forte aposta” da Xunta de Galicia pola modernización das infraestruturas no Baixo Miño, xa que, ao remate desta obra, hai que engadir  o impulso da Xunta ao novo treito da VAC, entre o polígono de Areas e a autovía A-55, que supón un investimento de máis de 21 millóns de euros. Así mesmo, referiuse á a renovación do firme e das sendas da PO-552 ao seu paso por Oia, O Rosal e A Guarda, que está en fase de contratación por 1,8 millóns de euros.

“Creo que un investimento de máis de 20 millóns de euros demostra claramente o compromiso do Goberno galego coas infraestruturas dunha bisbarra periférica á que queremos dotar das mellores condicións de mobilidade para seguir incrementando a calidade de vida dos seus máis de 50.000 habitantes”, significou Luis López.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí