Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CERTAME DA XI BIENAL DE PINTURA EIXO ATLÁNTICO

As obras seleccionadas conformarán a exposición, que se consolida entre as tres itinerantes máis importantes da península ibérica.

Premiarán as mellores obras dos autores galegos e portugueses, así como ao mellor Novo Talento.

Fecha: 14 de Septiembre de 2015

Fuente: www.eixoatlantico.com

A organización transfronteiriza Eixo Atlántico abriu o prazo para que artistas de Galicia e Norte de Portugal poidan inscribirse coas súas obras pictóricas no Premio Eixo Atlántico e participar na Bienal de Pintura, que alcanza este ano a súa XI edición. Desde o seu nacemento en 1995, a mostra consolidouse como a única e máis antiga exposición de pintura de carácter itinerante entre dous países europeos así como unha das tres máis importantes da Península Ibérica.

A iniciativa está aberta á participación de autores naturais ou residentes na Eurorrexión, que deberán concursar cun cadro orixinal e inédito, é dicir, que non presentasen antes a ningún outro certame.

Os interesados poderán formalizar a inscrición até o 28 de setembro. Pasado este prazo, un xurado formado por personalidades relacionadas co mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Portugal, así como polo gañador da edición anterior, procederá a fallar os premios entre unha selección dun máximo de 30 obras, que constituirán o catálogo itinerante da XI Bienal. A mostra percorrerá todas as cidades do noroeste peninsular asociadas ao Eixo Atlántico a partir do mes de novembro, é dicir, terá un público potencial superior ao seis millóns de persoas.

Premios
O primeiro premio outorgarase á mellor obra do certame (3.000 euros), e os dous segundos á mellor obra de autor galego (1.500 euros) e á mellor obra de autor portugués (1.500 euros). Ademais, concederase o galardón ‘Novos Talentos Luso-Galaicos' para novos artistas de idades comprendidas entre os 16 e 25 anos (1.500 euros).


A idea da arte como valor estratéxico na construción da Unión Europea levou ao Eixo Atlántico a impulsar hai xa 20 anos a súa Bienal de Pintura como plataforma para dar a coñecer a novos talentos, pero tamén como foro que permitise visualizar de maneira periódica o estado da creación pictórica tanto de Galicia como do Norte de Portugal.


O programa, un dos máis queridos e máis exitosos dos que puxo en marcha o Eixo Atlántico, non só fortaleceu os lazos artísticos entre Galicia e Norte de Portugal senón que actuou como xerador de actividade económica, tanto pola atracción de visitantes aos municipios que acollen a mostra como facilitando a inserción laboral dos novos talentos.


Na Bienal de Pintura colaboran co Eixo Atlántico, a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundação dá Juventude e os municipios asociados ao Eixo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones