Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alumnado de Tomiño e Tui participan na 7ª edición de Depoemprende na escola

Preto de 300 nenos e nenas de dez centros educativos da provincia presentaron o Salón de Plenos da Deputación as iniciativas que desenvolven este curso

Preto de 300 nenos e nenas de dez centros educativos da provincia presentaron o Salón de Plenos da Deputación as iniciativas que desenvolven este curso

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Diciembre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

Preto de 300 nenos e nenas de dez centros de Educación Primaria e Especial da provincia que participan na sétima edición do programa “Depoemprende na Escola” presentaron no Pazo provincial as cooperativas nas que traballarán ao longo deste curso para desenvolver os seus proxectos colaborativos e fomentar así o emprendemento. Os centros participantes desenvolverán diferentes tipos de proxectos baseados na ecoloxía, a cultura, a natureza ou a reciclaxe. Ademais, parte das ganancias que consigan as cooperativas coa venda dos seus produtos irán destinadas a diferentes ONGs ou asociacións, como protectoras de animais ou de servizos sociais. 

 

No acto, a deputada provincial de Promoción Económica e Emprego, Raquel Giráldez, saudou aos e ás participantes, lembrándolles que neste programa eles son “os protagonistas da aprendizaxe” e deu as grazas ás e aos docentes porque “sen eles non se podería levar a cabo” un programa como “DepoEmprende”. A continuación, foron os propios alumnos e alumnas que participan nas diferentes cooperativas dos centros escolares os que, divididos en dúas quendas, presentaron o traballo que van desenvolver ao longo deste curso para, posteriormente, recibir os seus correspondentes NIF. o alumnado dos centros participantes de educación primaria e especial, dividido en dúas quendas, presentou as súas cooperativas e, posteriormente, a deputada entregoulles os NIF.

 

En concreto, o CEE Pontevedra presentou as dúas cooperativas que desenvolverá ao longo do curso, “Formiguiñas” e “Xirope”; o CEIP A Xunqueira I de Pontevedra explicou a súa, “Naturalshop”; o CEEPR Aceesca do Porriño  presentou “Cooperativa O Mistral”; o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia explicou as tres cooperativas que desenvolverá, “Los recreative”, “El mundo al revés” e “Recycling Art”; o CEE de Vilagarcía de Arousa presentou “Reprografía CEE Vilagarcía de Arousa”; o CEE Saladino Cortizo de Vigo presentou dúas cooperativas, “Os Cortizos” e “A arte da solución”; dous tamén desenvolverá o alumnado do CEIP Plurilingüe de Tebra de Tomiño, baixo os nomes “Tebralidades” e “Recuncho creativo”; outras dous presentou o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, “Econatureza” e “Ecomempress”; o CPR Estudio de Nigrán explicou a súa cooperativa “GA-LI-CIA”, e o CEIP Plurilingüe de Carballedo en Cerdedo-Cotobade presentou “Cooperativa As Cores de Carballedo”.

 

Esta recollida dos NIF chega despois do desenvolvemento das cooperativas no que, tras constituírse as mesmas, o alumnado levou a cabo un proceso que consistiu na creación da imaxe corporativa e o logotipo, na realización dun estudo de mercado e o prototipo do produto. Agora, os seguintes pasos consisten na procura de financiamento, a produción e fabricación do produto, prezo, etiquetado, preparación da venda para o mercado final que celebrará a Deputación e, xa para pechar o proxecto, o balance dos resultados.

 

Dende que se puxo en marcha “DepoEmprende”, no 2016, máis de 3.400 alumnas e alumnos de 132 centros educativos da provincia participaron nas tres modalidades do programa. En concreto, a iniciativa está dividida en “Depoemprende na Escola”, proxecto dirixido ao alumnado de educación primaria (5º e 6º curso) e de educación especial,”DepoEmprende na ESO” para mozas e mozos de 4º da ESO, e “DepoEmprende na FP” dirixido a centros que imparten Formación Profesional de Grado Medio ou Superior.

 

O obxectivo é fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí