Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alumnado do Rosal e Tomiño presentan este venres a Gala de Meniños Cantores 2 no Baixo Miño; un proxecto de Ponte... nas Ondas!

A presentación terá lugar no Auditorio de Goián ás 19.30 horas e contará coa presenza da presidenta do Consello da Cultura Galega, autoridades locais e artistas

A presentación terá lugar no Auditorio de Goián ás 19.30 horas e contará coa presenza da presidenta do Consello da Cultura Galega, autoridades locais e artistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Ponte...nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizan o acto, ao que asistirá a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.

 

O alumnado participante en Meniños Cantores 2 de ambos centros serán os encargados de conducir a gala-presentación que contará coas actuacións de Andrea Pousa e de Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais proxectaranse imaxes da gravación do primeiro Meniños Cantores.

 

No acto intervirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e o presidente de Ponte...nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González. Os profesores Luis Lechuga do IES Antón Alonso Ríos e Xosé Manuel Méndez explicarán o traballo desenvolvido polo alumnado no proxecto.

 

No caso do IES Antón Alonso Ríos dáse unha feliz coincidencia. Na edición de 2005, a encargada de interpretar o tema musical “Bailando contigo”, composto polo músico e vicedirector do centro, Luis Lechuga, era a alumna Andrea Pousa. Nesta ocasión Andrea é unha das madriñas do proxecto para acompañar a interpretación do alumnado no tema “O tren”, de Andrés do Barro nunha versión adaptada.

 

No caso do CPI Suárez Marquier dáse outra feliz coincidencia; no tema musical escollido, “Canto de Roda” (2005), participaba nas voces unha alumna de 1º de ESO, Ánxela Fernández Callís. Dezasete anos despois, Ánxela asistirá á gala de presentación de Meniños Cantores 2 en calidade de alcaldesa do Concello do Rosal. Nos arranxos musicais participou tamén Xosé Manuel Méndez, profesor do centro educativo rosaleiro xunto ao músico Gustavo Domínguez.

Recolla do patrimonio

No disco-libro de Meniños Cantores de 2005 incluíase un CD e un DVD que contiñan 19 temas musicais, 18 videoclips, 32 karaokes e 2 documentais: un Make in off e unha recoll de testemuños do patrimonio cultural inmaterial. No documental recollíase o proceso de formación das treboadas do Baixo Miño e tamén dos telleiros do Rosal coa súa xerga (o verbo), un código lingüístico propio.

 

Os centros organizadores do acto deste venres xa participaron na primeira edición de 2005 de Meniños Cantores que naquel momento incluía a 17 centros educativos situados entre Vigo e Porto.

 

O proxecto Meniños Cantores 2 forma parte das boas prácticas de Ponte nas ondas! Presentadas por Portugal e España na UNESCO e que poden ser inscritas como “modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial”. Para Portugal e para Galicia será a primeira inscrición no rexistro da UNESCO e Ponte...nas ondas! será un modelo referencia internacional de boas prácticas co patrimonio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí