Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Ambulancias do Atlántico ordénalle aos técnicos/as trasladar pacientes na parte dianteira dos vehículos

A representación da CIG rexeita a medida imposta pola concesionaria do servizo sanitario non urxente da área sanitaria sur do país

A representación da CIG rexeita a medida imposta pola concesionaria do servizo sanitario non urxente da área sanitaria sur do país

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Noviembre de 2020

Fuente: CIG

Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte
sanitario programado ( non urxente) da área sanitaria sur, vén de emitir unha orde mediante a que
obriga os técnicos/as a ter que trasladar pacientes na parte dianteira dos vehículos. Dende a CIG
denuncian que esta medida incumpre algúns aspectos da lei de transporte sanitario e contradí a
avaliación de riscos laborais.
Dende a representación da CIG no comité de empresa de Ambulancias do Atlántico lembran que
dende o inicio da pandemia do novo coronavirus todo o persoal deixara de transportar doentes na
cabina de condución, aínda que con anterioridade xa había técnicos/as que non o facían por
cuestións de seguridade, tal e como establece a avaliación de riscos laborais. Neste senso, sinalan
que as superficies da parte dianteira -maioritariamente de tela- non son as máis axeitadas para unha
correcta desinfección.
Ademais, inciden en que deste xeito non se respecta a intimidade dos pacientes. “Levamos
información súa nunha PDA que está á vista, polo que se viaxan persoas canda nós non se garante a
confidencialidade”. En consecuencia, a central porá esta cuestión en coñecemento da Axencia de
Protección de Datos. Como tampouco se garante a intimidade das persoas que viaxan diante xa que
os cristais dianteiros non están tintados, “e calquera pode ver dende fóra quen vai dentro”.
Ao mesmo tempo, critican que con esta decisión as ambulancias “van parecer pateiras”. “Como
algunhas das sete prazas da parte traseira van moitas veces ocupadas con padiolas ou cadeiras de
rodas o que pretenden é encher tamén a parte de adiante; non hai que esquecer que estamos a falar
de persoas, polo que hai que garantir que viaxen nunhas condicións dignas, e isto pasa por que o
fagan na zona asistencial, que é a traseira”.
Por todo isto, comunicaranlle a medida que vén de adoptar a empresa ao Sergas coa intención de
que a deixe sen efecto, “sobre todo tendo en conta que no contexto actual de alarma sanitaria faise
máis necesario ca nunca extremar as medidas de protección para evitar contaxios”.
Ambulancias do Atlántico, con sede en Mos e cun cadro de persoal de 115 persoas, encárgase do
transporte programado (non urxente) en boa parte dos concellos do sur da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí