Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Ana Cristina Pérez anuncia o compromiso do PP para a gratuidade da matrícula dos universitarios do Baixo Miño

Un total de 15.445 mozos da zona estanse a beneficiar da gratuidade no transporte público grazas á Tarxeta Xente Nova da Xunta, pero en materia de mobilidade tamén está aberta a solicitude de axudas para a obtención de carné de conducir, dotadas con 400 e

Un total de 15.445 mozos da zona estanse a beneficiar da gratuidade no transporte público grazas á Tarxeta Xente Nova da Xunta, pero en materia de mobilidade tamén está aberta a solicitude de axudas para a obtención de carné de conducir, dotadas con 400 e

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2024

Fuente: PP Pontevedra

A candidato popular de Salceda de Caselas, Ana Cristina Pérez Cabaleiro, vén de presentar, acompañada dos demais candidatos xóvenes de Pontevedra, as propostas para a mocidade do PP de Galicia para a vindeira lexislatura e calificounas como “as mellores de España”, posto que inclúen a gratuidade da matrícula universitaria e do transporte público -que xa está vixente- e numerosas liñas de axudas para acceso á vivenda, deporte, emprego, emprendemento e lecer.

 

“A Xunta, con Alfonso Rueda ao fronte, demostrou todos estes anos a súa decidida aposta pola mocidade con numerosas políticas moi acaídas para o noso colectivo, pero ademais o Partido Popular segue implementando, mellorando, ampliando e innovando máis accións para converter a Galicia, sen dúbida, no mellor lugar de España para que os xóvenes desenvolvamos o noso proxecto de vida”, manifestou a número 18 da lista pola provincia de Pontevedra.

 

Ana Cristina Pérez detallou todas estas medidas e os seus beneficios para os mozos das comarcas do sur da provincia, sinalando que os 4.150 universitarios que adoita ter cada ano esta zona vanse beneficiar desde o vindeiro curso, se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta o 18 de febreiro, da primeira matrícula de balde en todas as materias dos graos, o que supón unha achega de ata 3,1 millóns de euros anuais.

 

A tamén concelleira salcedense salientou outras vantaxes da política xuvenil da Xunta, como os 15.445 mozos de Redondela, Baixo Miño, A Louriña, Val Miñor, O Condado e A Paradanta que se benefician da gratuidade no transporte público grazas á Tarxeta Xente Nova. En concreto, está a ser empregada na actualidade por 2.237 xóvenes de ata 21 anos de Redondela, 1.774 de Ponteareas, 1.479 de Nigrán, 1.345 do Porriño, 1.189 de Baiona, 1.103 de Tui, 969 de Gondomar, 960 de Mos, 845 de Salceda de Caselas, 747 de Salvaterra, 685 de Tomiño, 559 da Guarda, 390 do Rosal, 220 de Mondariz, 218 da Cañiza, 207 das Neves, 181 de Oia, 131 de Arbo, 107 de Covelo, 65 de Crecente e 34 de Mondariz-Balneario.

 

No eido da mobilidade, recalcou tamén que o PP, desde a Xunta, ofrece a posibilidade de colaborar economicamente cos mozos desempregados de ata 30 anos para a obtención do carné de conducir con axudas de 400 euros para o permiso de turismos e ata 1.300 no caso de camións. Dita subvención ten aberto o prazo de solicitude ata o 30 de setembro e conta cunha partida de 800.000 euros.

 

Así mesmo, Pérez Cabaleiro lembrou as novas medidas en materia de vivenda, como as axudas para o alugueiro, que poden alcanzar ata o 60% da renda para persoas de ata 35 anos con ingresos de ata 25.200 euros, ou os avais para a compra dunha casa, cunha cifra máxima de 48.000 euros, que se estreou o pasado ano con 1,4 millóns de euros e que anunciou que vai ter unha nova convocatoria no presente 2024.

 

A candidata popular debullou as medidas do PP en materia laboral e de emprendemento xuvenil, entre as que figuran os Programas de Emprego para Persoas Mozas, que se están a despregar por 26 localidades do territorio, ou a Cota Autónomo Cero, que se vai estrear no presente ano coa asunción por parte da Xunta das cotizacións dos primeiros doce meses, “que é algo que beneficia enormemente aos moitos xóvenes que queren emprender, xa que outorga moita tranquilidade para iniciar un proxecto”, grazas a unha partida de 9,6 millóns de euros que beneficiará a unhas 10.000 persoas, moitas delas menores de 35 anos.

 

Ademais, as achegas para os autónomos poden alcanzar ata 8.600 euros anuais coas liñas abertas para sufragar os gastos de primeira actividade, “o que demostra que, grazas ao PP, Galicia é unha terra de oportunidades, que cada vez son máis amplas e que serven de trampolín a moitos mozos e mozas, ao tempo que favorecen o retorno de moitos emigrantes ou dos seus descendentes, tamén no rango de idade xuvenil”.

 

Nesta materia, a tamén presidenta provincial de Novas Xeracións engadíu que, xa no ramo de sectores máis especializados, a Xunta conta desde hai anos co Programa de Incorporación de Mozos ao Sector Agrogandeiro, dotado con 19 millóns para o presente 2024, e os programas de formación e relevo xeracional no ámbito marítimo-pesqueiro, e recalcou que cada ano vanse dotando de máis cartos “para favorecer que as novas xeracións vaian atopando o seu traballo en sectores estratéxicos desde o punto de vista económico e identitario”.

 

Tamén se referíu á conciliación e ás aportacións autonómicas para a conformación dunha familia, “que son fundamentais para que os xóvenes deamos o paso con certo respaldo nun momento no que, paralelamente, comezamos a nosa vida laboral”. Ao respecto, destacou sobre todo a Tarxeta Benvida ou o Bono Concilia Familia, entre moitas outras.

 

Ademais, o programa xuvenil do PP galego para a vindeira lexislatura tamén inclúe un plan específico de promoción da saúde mental e de prevención do suicidio entre a poboación moza co obxectivo de atender unha das principais cuestións para este colectivo en materia sanitaria.

 

Finalmente, entre as 20 grandes iniciativas do PP de Galicia en materia xuvenil tamén figuran outras vencelladas co lecer e os hábitos saudables, entre as que destacou o recén posto en marcha Bono Deporte, que suporá unha achega de 120 euros para compra de material ou clases para todos os cativos de 6 a 16 anos que estean federados ou adheridos ao programa Xogade da Xunta.

 

Nesta área, a candidato salcedense tamén destacou as vantaxes para a mocidade dos bonos Cultura e Turismo, as moitas actividades lúdicas da Dirección Xeral de Xuventude que se espallan ao longo de todo o ano, os Puntos de Información Xuvenil, a ampliación de servizos do Carné Xove -que agora se envía automaticamente aos beneficiarios- ou a histórica e crecente oferta de campamentos, campos de traballo e accións de voluntariado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí