Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Anxo Moure presenta o contacontos -Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca- este mércores en Tui

Será ás 18 h na Biblioteca Municipal. É preciso inscrición previa.

Será ás 18 h na Biblioteca Municipal. É preciso inscrición previa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este mércores, 6 de outubro, ás 18 h presenta o espectáculo “Pes de lobo. Un lobo na biblioteca” a cargo do narrador oral Anxo Moure. Esta actividade está dirixida especialmente aos nenos e nenas con idades entre 4 e 11 anos de idade. Os interesados en participar deben inscribirse no presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico biblioteca@tui.gal

Anxo Moure leva dende o ano 1989  contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan, escribindo estas historia e sendo un dos referentes da narración oral en Galicia.

Nesta ocasión o contacontos Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia, nunha aposta polo coñecemento da contorna con apoio de esculturas de Lomarti, artesanías de Martola, Paz Castro, Brais Moure, pegadas de loba en arxila e ouveos de loba.

Este espectáculo que promove o que deben facer os nenos e nenas no seu día a día para salvar o bosque dos contos. Como sempre un xeito moi ameno de aprender valores tan importantes como o respecto e o coidado do noso planeta.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, con esta nova proposta de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense continua avanzando na súa programación arredor do “Mes do libro” cun abano amplo de propostas para todas as idades, que contribúan a facilitar un achegamento ao mundo do libro e a lectura dun xeito divertido e que busca a consolidación dos hábitos lectores entre a poboación tudense.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones