Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Areeiro aconsella renovar o tratamento contra o mildio larvado debido á inestabilidade meteorolóxica

As altas temperaturas e a humidade destes días son condicións meteorolóxicas favorables para a infección deste patóxeno

As altas temperaturas e a humidade destes días son condicións meteorolóxicas favorables para a infección deste patóxeno

Fecha: 16 de Julio de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella renovar os tratamentos fronte ao mildio larvado, xa que, trala revisión das viñas, observouse que as altas temperaturas e a humidade ocasionada polas incipientes treboadas na última xornada son favorables as condicións para a infección desde patóxeno. En caso de existires unha recente aplicación de antimildio, recomendase facer o tratamento inmediatamente despois das choivas. 


O aviso tamén sinala que, no caso do oídio, non proliferou a pesares das condicións meteorolóxicas favorables, por iso, convén facer revisións e renovar o tratamento si é necesario. O persoal da EFA, tralas súas revisións da vide, tamén indica que non existen novos avances no caso do patóxeno Black rot, pero compre extremar a vixilancia en viñas onde xa ten habido danos previos na uva. Areeiro tamén remarca manter o control sobre as avelaíñas do acio e as plantas que poidan sufrir enfermidades de madeira, xa que a cifra aumentou como era de esperar. Pola contra, no caso dos cicadélicos,  observáronse un maior numero de adultos e ninfas de mosquito verde, pero as cifras aínda están moi lonxe dos limiares de tratamento. 

Por outra banda, o aviso tamén se refire á bolboreta do buxo,  que se atopa en diferentes niveis de incidencia. Tralas chamadas de diversas persoas alertando da presenza desta praga, compre revisar cal é a situación para tratar de inmediato ou non as plantas.

Do mesmo xeito o centro dependente da Deputación alerta da importancia de retirar os froitos da nogueira caídos prematuramente para evitar que as larvas de mosca da casca verde da noz se enterren e sigan medrando

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí