Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Arranca a VI edición de Voando nas Rías Baixas con 175 prazas

Carmela Silva: -A rutas son un éxito absoluto o que amosa o interese da cidadanía polo medio ambiente, a preservación da fauna e das contornas que tanto temos que coidar-

Carmela Silva: -A rutas son un éxito absoluto o que amosa o interese da cidadanía polo medio ambiente, a preservación da fauna e das contornas que tanto temos que coidar-

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Enero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

As visitas ornitolóxicas da Deputación, en colaboración con SEO Birdlife, comezarán o 15 de xaneiro no Complexo Intermareal Umia-O Grove

 

Carmela Silva: -A rutas son un éxito absoluto o que amosa o interese da cidadanía polo medio ambiente, a preservación da fauna e das contornas que tanto temos que coidar-

 

A Deputación de Pontevedra pon en marcha, un ano máis, o programa de rutas ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas” cunha sexta edición que mantén as 175 prazas e as sete saídas de observación de aves por enclaves de alto valor ecolóxico da provincia. O programa no que nestes últimos anos xa participaron máis de 600 persoas, conta nesta edición cunha nova ruta pola praia da Lanzada (Sanxenxo- O Grove) e a división en dous dos percorridos de Foz da Ramallosa e o Esteiro do Río Miño, que anteriormente facíanse nunha única saída.

 

“Imos manter o número de prazas. Son 25 por ruta porque é imprescindible que haxa un número reducido de persoas para que se poida facer o avistamento das aves, respectando a súa contorna” enxalzou a presidenta Carmela Silva, que cualificou de “éxito absoluto” os resultados da iniciativa desde a súa posta en marcha. Tamén destacou que a gran acollida pon de manifesto o “interese da cidadanía polo medio ambiente, a preservación da fauna, das aves, e de todos esas contornas  que tanto temos que coidar”. As sete rutas desenvolveranse de xaneiro a novembro e nestes momentos xa está aberta a inscripción para a primeira excursión prevista o 15 de xaneiro pola reserva ornitolóxica do Complexo Intermareal Umia-O Grove, a zona húmida máis importante de Galicia e un dos mellores observatorios de aves acuáticas que invernan no noroeste peninsular.

 

O programa, que se desenvolve en colaboración con SEO Birdlife, conta con persoal experto que axudará ás e os participantes no recoñecemento das aves. Porase a disposición de cada grupo prismáticos de observación e telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves a distancia sen interferir na súa actividade. Tamén se facilita unha Guía de Aves, así como unha relación de paxaros para que cada integrante do grupo elabore a súa lista.

 

As Rutas

As persoas interesadas xa poden inscribirse na primeira ruta do 15 de xaneiro pola reserva ornitolóxica do Grove. A partir dese momento e de forma progresiva, na web da Deputación habilitaranse os formularios para reservar praza nas vindeiras actividades. A segunda será en Foz da Ramallosa (Nigrán) o 5 de febreiro, un espazo protexido pola Rede Natura 2000, de alto valor ecolóxico é moi cómodo para a observación de aves. A terceira ruta será polas Ribeiras do Umia (Cambados-Ribadumia) o 9 de abril, unha ruta por un corredor fluvial protexido, tamén, pola Rede Natura.

 

A esta saída seguiralle unha cuarta o 19 de xuño nas Brañas de Xestoso (Silleda-Forcarei-A Estrada), onde as e os participantes poderán ver aves que migran desde África durante os meses de calor.  A novidade deste ano é a ruta pola praia da Lanzada (Sanxenxo-O Grove), que terá lugar o 4 de xuño. Este é un dos últimos redutos da nosa provincia onde nidifica a Píllara das dunas, unha ave en perigo que se enfronta a un risco moi alto de extinción.

 

Tralo paréntese do verán, a sexta ruta será polo Esteiro do Miño  (A Guarda) o 8 de outubro. A desembocadura do río Miño forma un esteiro intermareal con gran diversidade de hábitats que atraen infinidade de aves. A sexta edición do programa rematará o 26 de novembro pola Enseada de San Simón, zona con abundantes aves acuáticas e mariñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí