Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As alcaldías do PSdeG esíxenlle á Xunta -que deixe de botar balóns fóra- e aprobe xa a declaración de emerxencia galega para axudar á veciñanza e concellos afectados polos temporais do nadal

As/os socialistas recalcan que se dan tódalas condicións previstas na Lei de Emerxencias de Galicia para repartir axudas

As/os socialistas recalcan que se dan tódalas condicións previstas na Lei de Emerxencias de Galicia para repartir axudas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Enero de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

Os estragos causados polos temporais do pasado Nadal na provincia de Pontevedra esixen dunha resposta inmediata por parte dunha Xunta de Galicia que non pode seguir eludindo as súas competencias.  Así o acordaron os alcaldes e alcaldesas e tenentes de alcalde/sa dalgúns dos concellos máis afectados, reunidos hoxe en Tui nun “cumio” organizado polo secretario xeral provincial, David Regades, e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva. Regades reclamou que a Xunta “deixe de botar balóns fóra” e declare de inmediato a situación de emerxencia de interese galego, é dicir, da figura legal que ampara o reparto das axudas directas tanto á veciñanza como aos concellos.

Na mesma liña, Carmela Silva subliñou que se dan tódolos requisitos establecidos na Lei de Emerxencias de Galicia 5/2007 para que o Consello da Xunta aprobe a emerxencia de interese galego e habilite as modificacións orzamentarias necesarias, tal e como establece o artigo 36 deste texto legal. Asemade, a Xunta debe aprobar xa o Decreto para establecer os criterios de reparto das axudas e evitar que se fagan “a dedo”, como adoita facer a Xunta en base á cor política dos concellos. Esta regulación vén recollida expresamente no artigo 38 da Lei de Emerxencias.

David Regades, despois de escoitar aos responsables municipais, recalcou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “non pode seguir ausente  porque hai un clamor de alcaldes e alcaldesas e de veciños e veciñas que se escoita en toda a provincia” onde hai moitos concellos gravemente afectados e que viron como servizos e espazos públicos quedaron moi danados. Algúns dos danos afectan a infraestruturas con competencias compartidas, como os grandes colectores de saneamento, e o importe dos danos supón, en moitos casos, un grave quebranto para as economías municipais.

Os alcaldes e alcaldesas destacaron que tan só en 2016 a Xunta aplicou esta previsión da Lei de Emerxencias para repartir axudas para paliar os danos da vaga de lumes, pero daquela as subvencións foron moi escasas, pouco transparentes e chegaron a moi pouca xente.

Regades engadiu, que con independencia de que a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade, o PSdeG-PSOE da provincia tamén está en contacto permanente coa Delegación do Goberno para difundir a posibilidade de que a veciñanza afectada solicite as axudas recollidas no RD 307/2005 que cubre os danos  a particulares en vivendas habituais ou nos “enseres” básicos a raíz de situacións castróficas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí