Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Forzas e Corpos de Seguridade vixilarán tamén o aforo e peche das áreas comerciais

A subdelegada do Goberno presidiu a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR), na que se coordinaron os operativos de vixilancia e control dos novos peches perimetrais.

A subdelegada do Goberno presidiu a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR), na que se coordinaron os operativos de vixilancia e control dos novos peches perimetrais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Enero de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) da provincia, á que asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, a comisaria provincial do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Estíbaliz Palma, o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.
Este órgano reuniuse hoxe co gaio das novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á crise sanitaria e que entrarán en vigor mañá. Neste sentido, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Unidade da Policía Autonómica continuarán traballando conxuntamente na vixilancia e control das novas restricións impostas.


A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, adiantou que os principais controis realizaranse en áreas comerciais, cuxo aforo queda limitado e o seu horario de peche establecido ás 21.30 h. Ademais, os peches perimetrais serán vixiados con controis móbiles nos que participarán a Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e os diferentes corpos de policía local de cada concello.
A Garda Civil manterá tamén dispositivos móbiles de control dos pasos fronteirizos de Arbo, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui, como xa viñan facendo desde as festividades do Nadal. Segundo manifestou o coronel da Garda Civil, Simón Venzal, o tránsito a través destas pontes internacionais reduciuse considerablemente nas últimas semanas.
Así mesmo, Maica Larriba deu a coñecer os datos dos controis das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado realizados entre o 7 e o 13 de xaneiro na provincia de Pontevedra. En total, 1.657 efectivos participaron en 912 dispositivos, identificando a 16.961 persoas, controlando 11.373 vehículos e elevando 309 propostas de sanción.
Pola súa banda, a Unidade da Policía Autonómica informou que neste mesmo período de tempo, despregaron 89 dispositivos nos que se identificaron 742 persoas e se controlaron 550 vehículos, impoñendo un total de 30 sancións.
Por último, a subdelegada quixo facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía, xa que “a implicación e colaboración individuais resultan fundamentais para reducir a propagación do virus”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí