Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As historias de Carmen e Isaac, xa na web do proxecto Memoria Viva

O Concello recompila neste espazo os vídeos e libros dos protagonistas desta iniciativa coa que busca salvagardar o patrimonio inmaterial do municipio

O Concello recompila neste espazo os vídeos e libros dos protagonistas desta iniciativa coa que busca salvagardar o patrimonio inmaterial do municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal fai un novo oco á súa memoria. O Concello vén de publicar na web do proxecto Memoria Viva os vídeos documentais e os libros en versión dixital de Carmen Piedra Pérez e Isaac Penelas Carbajales, as dúas novas testemuñas que se suman a esta iniciativa coa que se busca protexer e manter presente o patrimonio inmaterial do Rosal, así como o coñecemento e a memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.

A información recollida na web amplíase así coa historia de Carmen, nada e criada en San Xoán de Tabagón e vinculada á música dende o berce. Tanto no seu vídeo como no libro que protagoniza, Carmen repasa a súa vida, reconstruíndo boa parte da historia de case o último século da parroquia rosaleira que mira cara a Portugal, terra de veciñanza e amizade, e colaboradora na supervivencia da posguerra.

O outro protagonista desta segunda edición do proxecto é Isaac, un home madrugador moi querido no Rosal, que ás seis e media da mañá xa está en pé para comezar a súa xornada tal e como mandan os canons da súa igrexa: rezando.

Carmen e Isaac súmanse así a Nemesio Castro e Marcola González, dous entrañables persoeiros rosaleiros cos que arrancou un proxecto  “co que evitar que caia no esquecemento unha parte tan importante da nosa memoria individual e colectiva, esa historia que non está nos libros. Dende o Concello seguiremos traballando para recuperar e recompilar as vivencias persoais, momentos históricos, formas de vida... dos nosos veciños e veciñas”, asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora quere agradecer a inestimable colaboración de cada un dos protagonistas, así como das súas familias e achegados, xa que “sen todas e todos eles non sería posible levar a cabo os traballos de documentación e gravación nin a recompilación deses anacos da nosa historia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí