Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As mulleres do Camiño Portugués, protagonistas en FITUR da man do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino puxo en marcha a súa nova campaña, na que cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo contan en primeira persoa a importancia que ten o Camiño de Santiago para os concellos

O Xeodestino puxo en marcha a súa nova campaña, na que cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo contan en primeira persoa a importancia que ten o Camiño de Santiago para os concellos

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Enero de 2022

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño regresou por terceiro ano consecutivo a FITUR para seguir dado a coñecer o territorio dos seus 14 concellos e todos os aspectos que os definen e os unen. Este ano o Xeodestino pon en marcha unha campaña que cede o protagonismo ás ‘Mulleres do Camiño Portugués’, unha orixinal proposta que conta coa narración coral de cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo que contan en primeira persoa a importancia que ten para os municipios do Camiño de Santiago. Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda, dan voz a un atractivo que cada ano trae a miles de turistas ao xeodestino.

“O desenvolvemento sostible do turismo ligado ao Camiño Portugués ten unha importancia social, cultural e económica innegable no noso territorio. E elas son todas mulleres traballadoras que axudan a transformar e mellorar o noso atractivo turístico, por iso non podemos máis que darlles as grazas”, recordou durante a presentación no stand de Galicia en FITUR a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. A rexedora salientou no acto que “tecendo estratexias conxuntas somos mellores, máis eficientes e xeramos sinerxías que son imprescindibles para recoñecernos como un territorio común. Un territorio que tedes que coñecer. Non vos arrepentiredes”. O acto tamén contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, e de concelleiros dos municipios de Pazos de Borbén e Nigrán.

A nova campaña conta cun vídeo promocional no que todas as protagonistas, que coñecen e tratan con peregrinos e peregrinas no seu quefacer diario, contan a súa experiencia persoal e as vantaxes do territorio. O Camiño Portugués segue a medrar ano tras ano coa chegada de viaxeiros e viaxeiras que dende o aeroporto de Porto, principal vía de entrada, inician unha experiencia de calidade e unha viaxe para non esquecer.

Na presentación participaron, ademais das protagonistas, Silvana, que xestiona un albergue privado para peregrinos e peregrinas en Tui, e Vanesa, que traballa nun da rede pública de albergues do Camiño Portugués no concello de Mos. Todas elas destacaron todo o que ten que ofrecer o Xeodestino para aquelas persoas que chegan a peregrinar: dende patrimonio cultural ou a riqueza natural e patrimonial ata o servizo de calidade en todos os eidos, a gastronomía, o trato coa xente.

Con esta campaña FITUR volveu coñecer parte da bagaxe e dos produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, identidade e tradición do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, composto por 14 concellos: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui. A pesar das diferentes realidades de todos estes municipios, o xeodestino consigue aglutinalos a todos para unha xestión turística unificada, optimizando recursos e creando produtos turísticos diferenciados.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí