Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As traballadoras lamentan a nula vontade política para evitar a folga que paralizará as 5 Galiñas Azuis do Baixo Miño e Val Miñor

As traballadoras denuncian que ninguén as chamou para tratar de negociar e descúlpanse ante as familias que sufrirán as consecuencias.

As traballadoras denuncian que ninguén as chamou para tratar de negociar e descúlpanse ante as familias que sufrirán as consecuencias.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Agosto de 2022

Fuente: CNT

A folga que nas comarcas do Baixo Miño e Val Miñor afectará ás Galiñas Azuis da Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui está lonxe de evitarse. As traballadoras lamentan a nula intención política de negociar para evitar a parálise dos servizos que afectarán a máis de 5.000 familias en Galicia e acusan ás autoridades do ninguneo a uns servizos dos que non son usuarias.

No manifesto, publicado na páxina da CNT Galiza e nas redes sociais denuncian un desmantelamento encuberto, "O proceso selectivo que se está a negociar, non busca a estabilización do persoal e desmantelará os equipos de traballo. O resultado será a perda de capital humano, algo insubstituíble, e redundará na diminución irremediable da calidade do servizo".

En dúas semanas arrancará unha folga que afectará gravemente aos períodos de adaptación dos nenos e nenas que van por primeiro ano á escola, tamén ás rutinas das máis de 500 persoas maiores que fan uso dos servizos do Consorcio. A folga estenderase dende o 5 ao 16 de setembro, do 3 ao 14 de outubro, do 2 ao 11 de novembro e do 12 ao 23 de decembro.


No manifesto publicado polas traballadoras lembran tamén os puntos a negociar para acadar a resolución definitiva dun conflito que leva máis de catro anos na axenda, pero que ninguén parece ter vontade de solucionar. "As mulleres do Consorcio vémonos obrigadas a seguir adiante cunha folga durísima, que convocamos en xullo, e coa que queda en evidencia a absoluta indiferenza que mostran ante esta situación os seus responsables: Sr. Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, Sra. Fabiola García, Conselleira de Política Social, Sr. Barreiro, Director Xeral de Función Pública e Sr. Perfecto, Xerente do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí