Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Así son as novas medidas de prevención da Covid que entran en vigor esta medianoite

Entrarán en vigor esta media noite, ás 00,00 h do xoves

Entrarán en vigor esta media noite, ás 00,00 h do xoves

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Enero de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

Nestes intres os concellos da Comarca do Baixo Miño atópanse no nivel de restricións máximo e recoméndase limitar a mobilidade o máximo posible


Así de acordo co informe da Dirección Xeral de Saúde pública do 19 de xaneiro de 2021 observase que, na Comunidade Autónoma de Galicia, as taxas de incidencia a 3, 7 e 14 días seguen a presentar un incremento de valores con datos de 134,4, 290,9 e 471,9 casos por cen mil habitantes respectivamente
En canto á porcentaxe de positividade do total das probas PCR realizadas en Galicia, obsérvanse valores superiores ao 7% nos últimos 17 días, estando no 11,4%. En Galicia temos, na actualidade, brotes identificados que están en vixilancia epidemiolóxica e baixo medidas restritivas, pero a situación actual caracterízase pola presenza de casos en practicamente case todos os concellos. Así, do total de concellos nos últimos 14 días, houbo casos de COVID-19 en todos eles agás en 34.


En relación coas hospitalizacións, nos últimos 28 días superáronse os 20 ingresos diarios; rexistrándose máis de 35 ingresos en 20 deses días e chegando a superar os 80 ingresos en tres deles. Así mesmo, cómpre ter en conta a maior porcentaxe de persoas de idade entre os hospitalizados e que, na actualidade, todas as áreas sanitarias teñen casos ingresados nas UCI.

O informe tamén recomenda no relativo ao deporte federado de ámbito autonómico a suspensión das competicións e no tocante aos adestramentos que deban respetar as limitacións de entrada e saída existentes nos correspondentes ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

Respecto das competicións estatais e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos seus protocolos federativos.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes». As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 21 de xaneiro de 2021.

O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50 % ata as 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.


Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas».

Quedan exceptuados das limitacións e restriccións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais
e de representación de traballadores ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de
educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes,
persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios
limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos
inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Coidado de hortas e animais.
k) Asistencia a academias de idiomas, clases de reforzo educativo de materias incluídas
nos plans de estudos da educación regrada, conservatorios e escolas de música, ou para
a preparación de procesos selectivos en academias ou centros de formación.
l) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
m) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada».

Recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia. No territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes. A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
A limitación prevista neste número non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Respecto das actividades previstas nos anexos da Orde da Consellería de Sanidade, do 3 de decembro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación as limitacións de capacidade máxima e/ou de número global de persoas asistentes ou participantes previstas neles. A limitación de grupos dun máximo de catro persoas, agás conviventes, contida neste número, só se aplicará aos límites específicos para actividades grupais recollidos nos ditos anexos.

Quedan exceptuadas das limitacións á entrada e saída de persoas dos ámbitos territoriais previstos no número 2 do punto primeiro, así como das restricións á permanencia degrupos de persoas en espazos públicos previstas no punto segundo, as accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo, nos seguintes supostos:
a) Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común.
b) Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente.
c) Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.
2. En todo caso, durante o desenvolvemento destas accións de caza deberán cumprirse as condicións establecidas pola consellería competente en materia de ambiente, así como as medidas de prevención que adicionalmente poidan ser establecidas polas autoridades sanitarias».

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí