Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bará asegura que o 18F -hai partido- e chama -a saír a pelexar cada voto ao PP para empezar un tempo novo en Galiza-

O cabeza de lista do Bloque, de xira pola provincia, mantivo hoxe un encontro con representantes do Bloque en Vigo para organizar a campaña, que terá máis de 100 actos principais

O cabeza de lista do Bloque, de xira pola provincia, mantivo hoxe un encontro con representantes do Bloque en Vigo para organizar a campaña, que terá máis de 100 actos principais

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Enero de 2024

Fuente: BNG

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra Luís Bará asegurou hoxe en Vigo que o vindeiro 18F “hai partido” e chamou á formación nacionalista “a saír a por todas e pelexar cada voto ao PP para empezar un tempo novo en Galiza co Bloque á fronte da Xunta de Galiza”.

O nacionalista así o asegurou na tarde de hoxe nun encontro de traballo para programar a campaña electoral con representantes do Bloque en Vigo, entre os que se atopaban o voceiro municipal Xabier P. Igrexas, e a tamén candidata Alexandra Fernández. O acto enmarcouse na xira que está a facer pola provincia nun percorrido de 300 quilómetros que incluíu paradas en  Lalín, A Estrada, Pontecesures, Vilagarcía, Pontevedra, Bueu, Vilaboa, Tomiño e Mondariz Balneario, comezando ás oito da maña e pechando a axenda máis de doce horas despois.

Bará destacou que será unha campaña ilusionante, mobilizadora, con máis actos e reunións ca nunca percorrendo a provincia. Subliñou que contará coa implicación de toda a organización “casa por casa e porta a porta” para conseguir “un resultado histórico”, e que haberá máis de 100 actos de carácter principal –co cabeza de lista- na provincia, ademais do traballo local no ámbito vigués.

Bará destacou que desbancar ao PP da Xunta é posible porque hai unha maioría social que quere cambio, máis do 60% da poboación. Apuntou en que hai “unha grande oportunidade” porque “o BNG está co vento a favor porque medra, integra e chega a acordos, e o PP que vai a menos cun candidato gris e mediocre que non ilusiona, e porque a xente ve que hai desgoberno na sanidade, ensino, transporte, infraestruturas...”, asegurou.

Para o cabeza de lista as do 18F non son unhas eleccións calquera, senón “unha cita coa historia”, polo que é fundamental pelexar cada voto das persoas que quere cambio, “buscalos debaixo das pedras e concentralos no BNG”, xa que o vindeiro goberno da Xunta ao seu entender vaise decidir por moi poucos votos. Lembrou, de feito, que nas eleccións galegas do 2020 o PP conseguiu o último deputado en tres provincias, na de  Pontevedra por concreto, só por 96 votos.

“Pensade o importante que é o que fagamos cada un de nós. Hai un gran ambiente, non hai que ser conformistas, hai saír a por todas. Dende aquí ata alá hai pelexar cada voto porque estamos en condicións de gañar cada voto ao PP”, subliñou, para engadir que a decisión da poboación estará entre votar a unha Ana Pontón ilusionante que promete mellorar Galiza ou un Alfonso Rueda cun proxecto rutineiro e esgotado que deixa un legado desastroso para o país.

Durante todo o percorrido pola provincia no día de hoxe, Bará pediu o apoio da cidadanía para un cambio na Xunta e conseguir a “mellor Galiza”. Insistiu en que estas son as eleccións máis abertas en 14 anos e que o futuro goberno da Xunta decidirase por poucos votos, polo que chamou a concentrar no Bloque esa “corrente de cambio imparable” que se detecta na rúa.

“Ana Pontón é a candidata de todas as persoas que queren cambio, desa maioría plural e diversa”, subliñou, asegurando que “este é o momento do cambio. É o momento en Galiza porque podemos gañar ao Partido Popular se todas as persoas que queren cambio collen a papeleta do BNG, se non se perde nin un só voto”, insistiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí