Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bará garante que o remate da autovía de alta capacidade Tui-A Guarda será realidade cun goberno do BNG na Xunta

O cabeza de lista do Bloque, xunto ás alcaldesas de Tomiño e o Rosal e representantes de Tui e A Guarda, lamentou hoxe fronte aos terreos abandonados da obra que a comarca leva 20 anos agardando pola infraestrutura

O cabeza de lista do Bloque, xunto ás alcaldesas de Tomiño e o Rosal e representantes de Tui e A Guarda, lamentou hoxe fronte aos terreos abandonados da obra que a comarca leva 20 anos agardando pola infraestrutura

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Enero de 2024

Fuente: BNG

A autovía de alta capacidade entre Tui e A Guarda será unha realidade se o BNG chega ao goberno da Xunta o 18-F. Así o comprometeu hoxe o cabeza de lista do Bloque pola provincia de Pontevedra nunha visita ao Baixo Miño onde, acompañado das alcaldesas de Tomiño e O Rosal, e de responsables en A Guarda e Tui, o nacionalista criticou “o maltrato, abandono, e incumprimentos co territorio por parte da Xunta do PP, que nos dez últimos anos foi incapaz de executar os 14 quilómetros que faltan da vía, vendendo como un éxito que agora veñen de facer 600 metros”.

Bará destacou que o remate da vía é fundamental para o desenvolvemento, competitividade e vertebración da comarca, e preguntouse como é posible tanta incompetencia á hora de desenvolver un proxecto. Cunha faixa co lema “20 anos agardando pola autovía”, nun acto a carón dos terreos abandonados da infraestrutura no lugar da Carrasqueira en Tomiño, as e os representantes do Bloque na comarca lembraron que o vial a fora anunciado en 2003 a bombo e plato e que a día de hoxe só esta feito o treito entre Goián e A Guarda, inaugurado en 2014. Mentres, o treito intermedio entre Goián e Tomiño -de 10 quilómetros- aínda está na fase de proxecto e sen novidades sobre avances na licitación e execución, e do inicial –de catro quilómetros- apenas está executado o 15%.

Para o cabeza de cartel nacionalista, resulta sorprendente que a Xunta queira vender coma un éxito que está a piques de rematar 600 metros entre a AP-9 e a PO-350 en Tomiño. Subliñou que o resto dos traballos nese treito están á espera de ser adxudicados de novo, cos terreos expropiados e explanados, a monte, facendo incluso que as partidas reservadas nos orzamentos autonómicos hai anos incluso se tiveran que desviar a outras infraestruturas como a autovía do Morrazo por non estar a parte administrativa solucionada.

Para Bará esta maneira de proceder da Xunta, xunto con outras eivas como a falta de apoio aos sectores económicos puxantes ou o problema sanitario – entre outros-, amosa claramente que o PP está “de costas” ás necesidades da comarca, polo que destacou que é necesario un xiro que permita un cambio de ciclo no goberno galego da man do BNG de Ana Pontón.

“Agora temos a Rueda, un presidente suplente, sen carisma e teledirixido que preside un desgoberno cheo de cansanzo, descoordinación e incompetencia”, dixo, fronte a un BNG que quere unha “coalición con Galiza, coa xente e a clase traballadora, cos sectores produtivos, cos concellos... para reiniciar o país e atender as necesidades e preocupacións da cidadanía”, dixo. 

Neste sentido, subliñou que o xiro de timón na Xunta de Galicia e a derrota do PP “están garantidos” se toda a xente que quere que melloren as cousas no país se mobiliza e concentra o seu voto no BNG e non se perden apoios en forzas non representativas. “Pode pasar algo extraordinario e histórico, que desterramos ao PP e poñemos á fronte da Xunta a unha muller, a Ana Pontón, a primeira en 40 anos de autonomía logo de seis presidentes homes; unha líder con proxecto e coas mans libres para defender Galiza”, finalizou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí