Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Begoña Caamaño, figura feminista e cultural, protagonista das Letras Galegas 2026

A Real Academia Galega homenaxea a escritora viguesa polo seu legado literario e compromiso xornalístico nun momento clave para reivindicar a verdade, a igualdade e a lingua galega.

A Real Academia Galega homenaxea a escritora viguesa polo seu legado literario e compromiso xornalístico nun momento clave para reivindicar a verdade, a igualdade e a lingua galega.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Real Academia Galega (RAG) anunciou este venres que Begoña Caamaño será a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. A decisión foi tomada durante o pleno ordinario celebrado no pazo municipal de María Pita, na cidade herculina. A elección recoñece a súa obra literaria comprometida co feminismo, así como unha traxectoria xornalística marcada pola defensa da lingua galega e dos dereitos sociais.

Nacida en Vigo en 1964 e falecida en 2014 aos 50 anos, Begoña Caamaño destacou como novelista serodia con dúas obras clave: Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), nas que reescribiu mitos clásicos dende unha ollada feminista. A súa narrativa ofrece novas interpretacións dos relatos da Odisea e da materia de Bretaña, subvertendo os roles tradicionais de xénero e promovendo unha visión crítica e ética do poder.

A RAG sinala que a súa figura “dialoga coa contemporaneidade” e que a súa produción literaria e xornalística é “unha voz coral” que contribúe ao pensamento colectivo e á reflexión social. Caamaño foi tamén unha firme defensora dos dereitos humanos, a igualdade e a xustiza social, causas que marcaron a súa traxectoria vital e profesional.

No eido do xornalismo galego, Caamaño iniciouse en Vigo, traballando en emisoras locais como Radio Noroeste e Radio Popular. A partir de 1989, formou parte da Radio Galega, onde destacou en programas como Diario Cultural ou Club Cultura. Tamén colaborou con medios como A Nosa Terra, Tempos Novos ou Novas da Galiza e foi presidenta do Comité Interempresas da CRTVG, ademais de fundadora da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación.

A elección de Begoña Caamaño como protagonista das Letras Galegas 2026 supón tamén unha chamada de atención sobre a importancia dun xornalismo comprometido coa verdade, a cidadanía e o uso da lingua galega, nun momento especialmente delicado para os medios públicos.

A candidatura foi presentada por destacadas académicas como Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López Sández, Margarita Ledo Andión e Chus Pato, quen destacaron a súa capacidade para facer da literatura e do xornalismo ferramentas de coñecemento, activismo e transformación social.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí