Os populares Belén Cachafeiro e Moisés Rodríguez tomaron esta mañá posesión das súas actas no Parlamento de Galicia, converténdose así nos dous novos deputados autonómicos da provincia.
Moisés Rodríguez toma o relevo de Román Rodríguez, e Belén Cachafeiro ocupa o escano que deixou vacante Valeriano Martínez.
Moisés Rodríguez naceu en Tui en 1971, ten estudos en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo. Concelleiro desde o ano 1995, en 2011 é elixido alcalde de Tui, cargo que ocupou ata 2015. Foi deputado provincial entre os anos 2013 e 2015, e deputado autonómico no Parlamento galego entre 2017 e 2020.
Belén Cachafeiro, naceu en 1968 e foi alcaldesa de Forcarei ata 2019. Tras ser concelleira desde 1999, en 2012 é nomeada alcaldesa, cargo que revalida en 2015 e que lle permite gobernar ata 2019 con maioría absoluta. Tamén nese mandato foi deputada provincial. É autónoma con estudos de formación profesional na rama administrativa.


