Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BENESTAR CONVOCA O CONCURSO PARA ELABORAR O CARTEL DO CERTAME DE -XUVENTUDE CREA 2015-

O prazo de admisión das obras rematará o próximo 28 de febreiro

No certame poderán participar todos os mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o gañador do premio na edición do ano anterior.

Fecha: 09 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, con motivo do certame de creadores novos ‘Xuventude Crea 2015’, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel desta iniciativa.

No certame poderán participar todos os mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o gañador do premio na edición do ano anterior.

Cada autor ou autores poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego, e admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. Os traballos presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 centímetros e montadas en superficie ríxida. O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto ‘Certame Xuventude Crea 2015’, así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, moda, fotografía, deseño de xoias, graffiti, música, poesía, relato breve, teatro e videocreación.

O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. O prazo de admisión das obras rematará o día 28 de febreiro de 2015.

Os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, fomentar a creatividade xuvenil, como mostra do talento que amosa a mocidade galega.

‘Xuventude Crea’ é a maior manifestacións das posibilidades creativas da xuventude galega. Na edición do 2014 participaron un total de 358 mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos. Un total de 263 proxectos individuais e en grupo, para as once especialidades previstas.

Esta iniciativa inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e o espírito empresarial e propón 22 medidas concretas para seguir avanzando neste eido.

 

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, con motivo do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito certame.

Participantes
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.

Tema
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Certame Xuventude Crea 2015” así como as especialidades que o compoñen:  teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti , deseño de xoias e moda.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.

Condicións
Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas (2) obras orixinais, inéditas e en galego.
A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
O cartel gañador será a imaxe do certame Xuventude Crea 2015 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización.

Documentación
As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar nin o nome nin a sinatura.
Os/as artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade de procedemento e cor.
Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos:
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
- Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
- Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito, ficha explicativa e CD da obra.
Se se apreciasen defectos ou falta de documentación, por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.

Lugar
O prazo de admisión das obras rematará o día 28 de febreiro de 2015 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño cartel Xuventude Crea 2015
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela

Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.
Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nos teléfonos 981 545 937 , 981 545 702 e 981 541 689
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa  valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.

Xurado
A composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado http://xuventude.xunta.es
O fallo difundirase mediante unha nota na citada web e por teléfono a partir do día seguinte do fallo do concurso.

Premio
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas.
A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.

Fallo

Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados.
O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este.

Devolucións
Para a devolución das obras non premiadas existirán dous procedementos para ser retiradas:
1. persoalmente polo seu autor/es/as ou
2. mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
As obras non premiadas que non foran retiradas polos interesados no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.

Máis información: roteiros.ctb@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones